Skip to Content

Economía

Visita a Navantia

   

    O martes 22 e o xoves 24 de marzo, o alumnado de 4º de ESO da materia de Economía visitamos a empresa NAVANTIA.

    Na visita o Museo de NAVANTIA aprendemos o importante que foi o Estaleiro para a cidade de Ferrol, coñecemos a Fabrica de Turbinas, descubrimos os enormes talleres do estaleiro. Ademais imaxinamos a montaxe da fragata nas gradas e rematamos a xornada no Museo da Construción Naval.

1ºBacharelato E finalista na II Edición do Concurso de Comunicación Audiovisual

       Os alumnos e as alumnas de 1ºBacharelato E quedaron finalistas na II Edición do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira do colexio de economistas de A Coruña realizando un vídeo coa temática “Como ser sostible e rentabilizalo no intento”.

Alumnos de IAEE 4º ESO no V Minimarket

        Dous grupos de 4º ESO da materia IAEE (Introdución á actividade económica e empresarial) presentaron os seus proxectos no V Minimarket que, organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra (AJE), tivo lugar o día 11 de maio no Auditorio de Ferrol.

Charla de Economía

   

     O xoves, 30 de novembro, na Biblioteca do IES Sofía Casanova, os profesores do departamento de Economía Financieira e Contabilidade da Universidade da Coruña Joaquín Enríquez Díaz e Rubén Lado Sestayo, impartiron a primeira das tres charlas que teñen por tema "Decisións económicas no ciclo da vida".

    Tras esta primeira sesión, adicada aos alumnos de 1º D e E de Bacharelato, virán otras dúas na que se tratarán temas como a relación cos bancos e a conciencia fiscal.

Rastro solidario

 

     Entre os días 11 e 19 de decembro, realizaremos en colaboración coa ANPA un Rastro Solidario en favor da Cociña Económica de Ferrol no recibidor do centro.

    As vendas serán de CDs, DVDs, libros, xoguetes, bixutería, obxectos decorativos …, aportados pola comunidade educativa e que se recollerán entre o día 22 deste mes e o 5 de decembro, no primeiro recreo no recibidor.

Charla sobre Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial

      Jorge Felpeto, profesor de Música da Compañía de María, acudiu ao IES Sofía Casanova o pasado martes, 14 de marzo, para explicar aos alumnos de Economía e Inicación á actividade emprendedora e empresarial (4º ESO) a súa experiencia como emprendedor na creación da empresa Rock School

Un Sofia máis solidario en Nadal

 

    Durante estas dúas últimas semanas, estamos a desenvolver no centro diversas actividades para recadar fondos que serán doados a entidades sen ánimo de lucro, como a Cociña económica, que axudan a familias con necesidades.

   Como estes anos atrás, podedes atopar na entrada do centro un lugar habilitado no cal deixar os vosos víveres ou útiles de aseo para a recollida solidadia que organiza a AMPA.

   Ao lado, na mesa que está xunto ás fiestras de administración, os departamentos de Economía e Xeografía e Historia teñen exposto o seu mercado solidario. Este mercado solidario está formado polos obxectos que doaron os alumnos e alumnas do instituto.

 

Tres alumnos de Economía na final dun concurso en Madrid

 

   Tres alumnos do Sofía Casanova participan en Madrid nun concurso no que debían facer de directores de súa propia empresa.

  Ó longo de cinco meses, nas aulas e vía online, participaron 200 equipos de 27 centros de toda España.
   O reto ALCOA consistía en tomar una serie de decisións, para que a súa empresa fose máis grande.

  Tras pasar as dúas primeras fases, disputaron a final en  Madrid, contra outros 7 grupos finalistas.

 Ver xornal 5ºA.

Distribuir contido


by Dr. Radut