Skip to Content

Debuxo

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

   

     Dende o IES Sofía Casanova queremos desexarvos un Bo Nadal.

    Coa intención de educar na creatividade, a sostenibilidade e o coidado da Natureza, acompañamos ao nosos alumnos para que adornasen estas árbores coas creacións feitas por eles con materiais reutilizados.

    Bo Nadal e Feliz Ano Novo!

Curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca

   

     Xa temos a curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca, o “making of” que tamén se di, feito pola videógrafa Sara Pisos quen nos acompañou durante todo o proceso, xunto co artista Eduardo Hermida, o equipo docente e os principais protagonistas, os alumnos de 4º de ESO de EPVA.
    Neste vídeo podemos ver o proceso de creación do mural “Ler en Ferrol” inspirado na lectura e no patrimonio da nosa cidade e tamén como os nosos alumnos coñeceron os segredos da rodaxe e disfrutaron aprendendo a traballar en equipo,

Actividades vencelladas a dous contratos-programa Innova

   

    Vimos de rematar dúas actividades vencelladas a dous contratos-programa Innova, a realización dun mural a carón da cafetería (que servirá ademais para facer un vinilo destinado á biblioteca), e unha curtametraxe do proceso do deseño e execución do mesmo. A cousa empezou antes de verán pasado, cando de tanto oir o bonitos que quedaran os armariños da sala de profes co vinilo que amplía a coñecida acuarela de Ricardo Pena, deunos por pensar en algo parecido para o “biombo” da biblioteca. Despois ocorréusenos facer primeiro un mural, e dahí unha fotomontaxe, e dahí o vinilo. E de paso, por que non documentar o proceso -se chegaba a ser- mediante unha curtametraxe do making-of (anglicismo que se traduce como “a feitura de”) de todo, eh?

   

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

   

    Durante o terceiro trimestre deste curso o alumnado de 3ºESO participou nunha nova edición da “Acción Artística Contemporánea” titulada “Cuidamos a Terra. Queremos Futuro” que culminou cunha exposición dos traballos realizados no Centro Cultural Torrente Ballester.

    Nesta ocasión a temática elixida era o mar, unha cuestión abordada desde moi diferentes perspectivas e que involucrou a un gran número de estudantes e profesorado. Foi así que desde as materias de Cultura Clásica e Lingua Galega foron estudados os mitos e lendas relacionados co mar.

Plantando árbores con pinceis

   

    Plantando árbores con pinceis  é un proxecto de Afundación que se solicitou  dende a materia de educación plástica, visual e audiovisual para facer realidade a intención de pintar un mural no centro coa temática do bosque e deste xeito traballar cos alumnos na concienciación do coidado ao medioambiente e a apreciación dos valores naturais da nosa contorna.

Acción Artística Contemporánea

   

    Desde hoxe 25 de maio ás 19:00 pódese visitar na Sala Julia Minguillón do Centro Cultural Torrente Ballester os traballos realizados polo alumnado de 3ºESO dentro dos obradoiros de artes visuais impartidos por Ladislau da Regueira durante o último mes.
   Esta actividade naceu como unha iniciativa dos departamentos de educación plástica e visual e de xeografía e historia no marco do Club de Letras para utilizar os recursos do Espazo Maker, pero foi crecendo coas achegas de toda a comunidade educativa do IES Sofía Casanova e coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.

Plan Proxecta "O mundo que queremos". 6ª parada. Acto final.

   

     Para concluír co Plan Proxecta "O mundo que queremos", o alumnado de 3º ESO elaborou nas clases de Educación Plástica e Visual unha serie de lenzos nos que se representan cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, qeu foron expostos no seu corredor, zona de paso do resto do alumnado.
     Con este último acto preténdese dar visibilidade ao traballo levado a cabo ao longo deste curso en torno aos ODS.

O Sofía, tamén STEAM: Meninas de Canido

      O venres 15 de febreiro, os alumnos de 4º de EPVA fixeron un roteiro polas Meninas de Canido. Con esta actividade arrinca, unha ano máis, un proxecto sobre arte no que os alumnos elaborarán a súa versión unha obra clásica.  Como noutras ocasións, trataronse os distintos estilos artísticos que poden servir de punto de partida para versionar unha obra de arte. E, no barrio de Canido, como non podía ser menos, da arte como vehiculo de transformación social e do seu carácter efímero. Debido ás novas achegas dos murais deste ano, tratouse tamén o tema da diversidade, outro proxecto no que está inmerso o centro.
    Se queres, entra neste vídeo ilustrativo-explicativo.
Distribuir contido


by Dr. Radut