Skip to Content

Curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca

   

     Xa temos a curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca, o “making of” que tamén se di, feito pola videógrafa Sara Pisos quen nos acompañou durante todo o proceso, xunto co artista Eduardo Hermida, o equipo docente e os principais protagonistas, os alumnos de 4º de ESO de EPVA.
    Neste vídeo podemos ver o proceso de creación do mural “Ler en Ferrol” inspirado na lectura e no patrimonio da nosa cidade e tamén como os nosos alumnos coñeceron os segredos da rodaxe e disfrutaron aprendendo a traballar en equipo, pero ademaís amosa como é posible educar dun xeito diferente cando se dispoñen dos recursos económicos e humanos necesarios, cómo é posible e marabilloso atender á diversidade en grupos pequenos e cómo é posible unha educación integral atendendo ás emocións das persoas a través das artes plásticas e da literatura.



page | by Dr. Radut