Skip to Content

Música

Mocidade coa lingua

     O pasado 30 de marzo, os alumnos de 2º e 3º da ESO acudiron ao Auditorio de Ferrol a disfrutar do concerto A Mocidade coa lingua.
   Nel, ademáis de escoitar a grupos doutros institutos, tiveron a sorte de ver en directo a AS FILLAS DE CASANDRA, un dos grupos galegos revelación este ano.

Obradoiro de instrumentos música

   

     O pasado martes 21 de marzo, tivemos a sorte de contar no instituto, coa presenza de Emilio Romero Fabal, constructor de instrumentos e profesor no Padroado de Cultura de Narón.

    Explicou ao alumnado de 2º ESO a importancia dos instrumentos tradicional, a súa evolución e función. Ademáis ensinoulles a elaborar un CARRIZO.

    Desexando aprender máis cousas.

                                      Mil grazas, Emilio.

Alumnos de 2º ESO mostran os instrumentos que saben tocar

         Aquí vos deixamos fotografías da presentación que fixeron os alumnos de 2º ESO na que mostran os instrumentos que tocan.
    Todos os que quixeron participar nesta actividade, tiveron a oportunidade de ensinar e explicar aos seus compañeiros a súa habilidade e destreza para tocar un instrumento musical. Grazas a Miguel, Sergio, Isa, Adrián Anxo e Yeray.

Concerto didáctico adicado á música tradicional galega

   

     O 24 de febreiro, os alumnos de 2º ESO acudiron o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a escoitar e disfrutar dun concerto didáctico adicado á música tradicional galega. PABLO CARPINTEIRO ARIAS, PRESENTADOR E MÚSICA. ROSA SÁNCHEZ, CANTADORA E PERCUSIONISTA 

    "Neste concerto didáctico empréganse 43 instrumentos musicais galegos diferentes usando un fío condutor que consiste en explorar o paralelismo entre a evolución da nosa especie e o desenvolvemento físico e musical dun neno e unha nena galegos.

    É un concerto que corresponde a nova disciplina da biomusicoloxía.  

XOGO DE ESPELLOS Unha ollada a través da música electrónica

   

    O 3 de febreiro, o alumnado de 2º ESO, asistiu no Auditorio de Galicia ao concerto didáctico: XOGO DE ESPELLOS Unha ollada a través da música electrónica.

    "Javier Otero, pianista e artista experimental, presenta o seu novo proxecto “Saraiba” para piano e electrónica xunto coa Real Filharmonía de Galicia. Unha aposta pola estética actual, con influencias da natureza e da vida cotiá. Abrir as fiestras para osixenarse e deixarse levar... "

Aviso

 Dada a situación especial provocada pola COVID 19, este curso 2021/22 tampouco disporemos de Aula de Música.

 Os instrumentos musicais Orff están no Salón de Actos, polo que sempre que sexa posible, impartirase clase práctica en dito sitio, tanto en Linguaxe e práctica musical de 1ºBACH como en Obradoiro Musical de 1ºESO.

  En 2º e 3º da ESO dependerá da dispoñibilidade do Salón.

  En canto a frauta, nun principio non poderemos utilizala, según instruccións da Consellería.

Música en Santiago

         Os días 7 e 11 de febreiro, alumnos de Música de 4º ESO e 1º bacharelato, asistiron en Santiago a dúas representacións: “O flamenco e outras músicas”, no Auditorio, e ao espectáculo de teatro, danza e circo “Involución”, no Teatro Principal. Máis información e vídeos sobre as mesmas, no Blog de Música e nos enlaces anteriores.

Encontro de coros

   

    O pasado sábado 15 de xuño, celebrouse no IES SOFÍA CASANOVA o I Encontro de Coros Escolares de Ferrolterra.

    Alumnos do IES CARBALLO CALHERO, IES TERRA DE TRASANCOS, IES DE BREAMO e IES SOFÍA CASANOVA , participaron no acto, no que cada coro interpretou dúas pezas.
    Para rematar interpretaron todos dúas cancions comúns.

Distribuir contido


by Dr. Radut