Skip to Content

Actividade interdepartamental

A prensa local recolle a visita da Compañía Cariátides ó Teatro Jofre

   

     A prensa local recolle a visita ao Teatro Jofre da Compañía Cariátides, nacida no IES Sofía Casanova no marco do Proxecto LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje): La Voz de Galicia, Diario de Ferrol).
    O día 22 algúns membros da compañía acudiron a Radio Voz e contaron aos oíntes en que consistía o seu proxecto.

A labor investigadora do bacharelato STEM

 

     La Voz de Galicia recolle a actividade investigadora dos alumnos que cursan o bacharelato STEM no IES Sofía Casanova.

    17 alumnos están involucrados en varios proxectos de investigación coordinados por profesores da Universidade da Coruña (UDC): oito deles na Escola Politécnica Superior (EPS), un vinculado á Facultade de Enfermería e Podoloxía e outro co departamento de Física e Ciencias da Terra.

O Club de Ciencias - Sistema Solar Ferrolterra

   

      Na entrada do instituto estes días pódense atopar algún dos traballos que fixemos no noso papel de VENUS, como parte da nosa participación no proxecto Sistema Solar Ferrolterra.
    Están expostos os logos propostos para o proxecto e a interpretación da Venus de Botticelli que fixeron na materia de EPVA de 4º ESO, e unha selección de libros, feita desde a biblioteca, tanto científicos como de poemas. Tamén hai unha sección máis científica realizada polos compoñentes do club de ciencias, e unha selección de poemas relacionados con Venus que recompilou o noso profe de Lingua Castelá, Daniel Iglesias.
    Este é o froito dun traballo multidisciplicar e o resultado é espectacular. Grazas a todos polo voso esforzo todos estos meses!

XXIV día da ciencia na rúa

   

     O Sábado 4 de Maio o alumnado do club de ciencias participou no Día da Ciencia na rúa en Coruña.  
     Entre outras cousas, os nosos rapaces e rapazas explicaron os diagramas de Voronoi, amosaron como o noso cerebro nos engana coas ilusións ópticas, fixeron que a xente se sentise como en Venus e prepararon xogos con robots cos que tanto nenos como maiores puideron gozar.

    Dámoslles os nosos parabéns polo duro traballo que fixeron durante todo o día.

Plan Proxecta: Como podemos acadar os ODS

 

   

    Adiantamos aquí os primeiros resultados dos obradoiros de radio: na primeira sesión, aquel alumnado que o desexou puido gravar unha proposta de como acadar o obxectivo escollido pola súa clase: a redución da pobreza ou a redución das desigualdades.
    Finalmente, desde as Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@snos enviaron estas cuñas sonoras. Para poder compartir as ideas do alumnado co resto do centro, colgamos estas propostas no "Recuncho do Mundo que Queremos"

Charla do Colexio de Médicos e presentación da app “Risco Cero”

   

     Mª José Salas (psicóloga) e Pedro San Julián (estudante de 6º Medicina) visitaron o centro o martes, 9 de abril, para dar una charla a alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato sobre enfermidades de transmisión sexual e prevención de embarazos non desexados.

    Presentaron a app “Risco Cero” para android, dirixida a adolescentes, pais e docentes. Estas actividades están organizadas polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña; nelas participan estudantes de Medicina que rotan no CHUAC.

Charla de astronomía

   

    O pasado martes no club de ciencia contamos coa visita de Paulino Gasalla, da SGHN, que nos deu unha charla de astronomía.
    No marco do proxecto no que colaboramos, Sistema Solar Ferrolterra, dende a biblioteca do Sofía, fixemos unha viaxe para coñecer o Sol e os planetas que participan neste proxecto. Profundizamos un pouquiño no planeta que nós representamos, Venus, e os rapaces participaron moi activamente facendo preguntas e amosando un grande interese.
  Agardamos ter máis charlas así de interesantes.

Plan Proxecta: Segundos obradoiros de radio e vídeo

 

   Este martes, 26 de febreiro, o alumnado de 3º ESO realizou a terceira parada do Plan Proxecta: "O mundo que queremos". Nela, levaron á práctica o aprendido na parada anterior e puideron gravar, en radio ou vídeo, os seus traballos e reflexións sobre a a redución das desigualdades e a erradicación da pobreza, os dous obxectivos do desenvolvemento sostible que están a traballar neste proxecto.

    O Diario de Ferrol  deu conta desta actividade no noso centro." 

Distribuir contido


by Dr. Radut