Skip to Content

Inglés

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

   

    Durante o terceiro trimestre deste curso o alumnado de 3ºESO participou nunha nova edición da “Acción Artística Contemporánea” titulada “Cuidamos a Terra. Queremos Futuro” que culminou cunha exposición dos traballos realizados no Centro Cultural Torrente Ballester.

    Nesta ocasión a temática elixida era o mar, unha cuestión abordada desde moi diferentes perspectivas e que involucrou a un gran número de estudantes e profesorado. Foi así que desde as materias de Cultura Clásica e Lingua Galega foron estudados os mitos e lendas relacionados co mar.

English Week 2018

         O depto. de Inglés presentou este ano un proxecto para participar na convocatoria da English Week. De resultas, o centro resultou seleccionado e 25 alumnos de 3º ESO participaron entre os días 12 e 17 de novembro nas actividades de inmersión en lingua inglesa que se desenrolaron nos Peares.

Viaxe a Londres

         O xoves 21 45 alumnos de 4º ESO voaron a Londres nunha viaxe cultural que deseñou o departamento de Inglés.

Inglés: clases culturais

   

    O luns 27 os alumnos de 1º bacharelato tiveron a oportunidade de disfrutar dunha clase de inglés distinta, impartida por unha falante nativa.

    A sesión, sobre lingua e cultura, celebrouse no propio centro e nela os alumnos puideron interactuar coa relatora e coñecer curiosidades como a orixe da bandeira do Reino Unido, a razón pola que conducen pola esquerda, a vestimenta típica de Escocia, algunhas palabras galesas, etc. Os rapaces pasaron un bo rato á vez que practicaban a súa comprensión e expresión oral dun xeito ameno.

Teatro en inglés no Sofía

            O mércores 11 de xaneiro, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato asistiron a unha obra de teatro organizada polo departamento de inglés.
       A obra, posta en escea pola compañía "Interacting" no salón de actos do noso centro, foi "Fall of the Roman Empire". É unha divertida adaptación da histora na que algúns alumnos foron invitados a participar interactuando cos actores.
      Tanto os alumnos como os profesores que asitimos pasamos unha hora moi divertida, disfrutando do espectáculo e practicando o inglés.
      Moitas grazas a todos os alumnos que se prestaron a cooperar na obra.

Contacontos

 

   O 11 de novembro os departamentos de Dinamización da lingua e de Lingua Inglesa organizamos unha actividade de CONTACONTOS.

   Con historias que formulaban intrigantes dilemas e contos de misterio pasamos un tempo divertido coa lingua galega e a lingua inglesa.

   Os alumnos comentaron que as historias resultaran divertidas, románticas, sinistras...

   Estupendo! De cando en vez as clases deben ser así.

Distribuir contido


by Dr. Radut