Skip to Content

Orientación

Parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción na ABAU

       RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2023/24.

Segunda sesión da Escola de Nais e Pais. "Benestar emocional na adolescencia"

   

   Segunda sesión da Escola de Nais e Pais. "Benestar emocional na adolescencia". Como superar conflictos nesta etapa.

  Obradoiro impartido por Andrea Bachlian na Biblioteca do IES Sofía Casanova o martes 9 de Maio de 16:00 a 18:00 horas.

    Mais información nos Carteis adxuntos Imprescindible notificar asistencia a este correo: anpa.sofia.casanova@gmail.com

 

Sesión informativa e formativa: “Xestión das emocións na adolescencia”

   

    Queremos informar dunha sesión informativa e formativa coa temática principal “Xestión das emocións na adolescencia”.
    Terá lugar no IES Sofía Casanova o mércores 11 de Xaneiro para o alumnado e ás 18:30 para ás familias. 

    As sesións e os posteriores Obradoiros serán conducidos por un grupo de psicólogos.
    Nos obradoiros prácticos poderán participar alumnos a partir de 3º ESO.

             Máis información

Maios no Sofía

   

     O alumnado do Sofía Casanova celebra esta semana a chegada dos maios.

    Os alumnos e alumnas de diferentes cursos participan na confección dos maios organizada polo Equipo de Dinamización, a Biblioteca e os departamentos de Orientación e Ciencias e Tecnoloxía.

    O alumnado de 1 da ESO realizará unha saída pola contorna para a recolleita de plantas, acompañados pola profesora de Bioloxía.

II Concurso de Fotografía Convivencia e Igualdade IES Sofía Casanova

   

     O Departamento de Orientación convoca o 2º Concurso de Fotografía Convivencia e Igualdade IES Sofía Casanova convidando a todo o alumnado do centro e resto da comunidade educativa a participar.

    Esperamos que o concurso volva ter a acollida do curso pasado. Achéganse aquí as bases, bases que teredes tamén dispoñibles no Departamento de Orientación. Tamén podedes preguntarlle aos titores.

Bolsas de axuda ó alumnado de bacharelato e con necesidades específicas de apoio educativo 2021

 

     Ata o 30 de setembro de 2021 permanece aberto o prazo para solicitar bolsas de axuda para o alumnado de bacharelato e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

    Nas ligacións correspondentes poden atoparse indicacións sobre os requisitos, tipos e cuantía das axudas.

1º Concurso Fotográfico de Convivencia e Igualdade, IES Sofía Casanova

   

    O Departamento de Orientación convoca o 1º Concurso Fotográfico de Convivencia e Igualdade IES Sofía Casanova convidando a todo o alumnado a participar.

    Esperando que o concurso teña boa acollida este ano e poida seguir celebrándose en próximos cursos, acheganse as bases,* bases que teredes polo centro e tamén nos corchos das aulas.

* Amplíanse os prazos ata o 31 de maio

Feira Virtual das Universidades Españolas

   

     Do 22 ao 24 de febreiro celebrase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22: youtube

    Funcionará como unha Feira Universitaria presencial: uniferia pola que poderá pasear o seu alumnado visitando os stands das Universidades españolas presentes na Feira.

   Máis información.

Distribuir contido


by Dr. Radut