Skip to Content

Filosofía

Saída a Santiago de Compostela. 2º de Bach

   

    O venres 1 de abril alumnado de 2º de bacharelato disfrutou dunha xornada frutífera en Santiago de Compostela.

    Os grupos de ciencias puideron coñecer de primeira man un centro de investigación en mediciña molecular e enfermidades crónicas,CIMUS, mentres que o alumnado de humanidades disfrutou co coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea no CEGAC. Pola tarde desprazámonos ao GAIÁS, onde poidemos coñecer a espectacular arquitectura da Cidade da Cultura.

Viaxe a Berlín

   

     Entre os días 23 e 27 do mes de marzo sesenta e sete estudantes de 1º de bacharelato do IES Sofía Casanova visitaron Berlín nunha actividade organizada polos departamentos de Filosofía, Inglés e Xeografía e Historia.

  As imaxes desta viaxe están dispoñibles na web.

Teatro Colón: Representación de Elisa e Marcela

 

    O alumnado de valores éticos de 3º ESO acudiu ao Teatro Colón o xoves 19 de outubro para ver a obra "Elisa e Marcela", a historia de dúas mulleres que no ano 1901 casan na Igrexa de San Xurxo, na Coruña, unha delas vestida de home.

    Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo representada polas cómicas de A Panadería.

Visita aos xulgados de Ferrol

   

     Alumnos de Filosofía, de 4° ESO, acompañados polo seu profesor Emilio Saldaña, acudiron ós xulgados de Ferrol onde poderon presenciar o desenrolo dun xuízo.

    Ademáis de presenciar o xuizo foron atendidos pola xuiza de lo Penal 2, María Mercedes Pena Moreira, e o  fiscal xefe de área de Ferrol, Román Ruiz Alarcón, dos que recibiron explicacións.

   En La Voz de Galicia pode atoparse unha ampla reseña da visita.

Premio de ensaio para Alberto Sucasas

 

    Alberto Sucasas Peón, que durante moitos anos foi profesor de Filosofía neste instituto, acaba de recibir o Premio de Ensaio Miguel de Unamuno outorgado polo concello de Bilbao.

     Os nosos parabéns a Alberto.

Alumnos do Sofía Casanova nunha xornada de xuízos no Xulgado do Penal

 Alumnos de 1º e 2º curso de bacharelato seguiron onte a xornada de xuízos no Xulgado do Penal número 2 de Ferrol. A maxistrado, María Jesús García, baixou do estrado en varios momentos para explicar aos novos pormenores do sistema penal español e dos casos que se estaban vendo.

A Voz de Galicia recolleu os pormenores desta visita.

Ver noticia.

Distribuir contido


by Dr. Radut