Skip to Content

Ciencias Sociais

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

   

    Durante o terceiro trimestre deste curso o alumnado de 3ºESO participou nunha nova edición da “Acción Artística Contemporánea” titulada “Cuidamos a Terra. Queremos Futuro” que culminou cunha exposición dos traballos realizados no Centro Cultural Torrente Ballester.

    Nesta ocasión a temática elixida era o mar, unha cuestión abordada desde moi diferentes perspectivas e que involucrou a un gran número de estudantes e profesorado. Foi así que desde as materias de Cultura Clásica e Lingua Galega foron estudados os mitos e lendas relacionados co mar.

Saída a Santiago de Compostela. 2º de Bach

   

    O venres 1 de abril alumnado de 2º de bacharelato disfrutou dunha xornada frutífera en Santiago de Compostela.

    Os grupos de ciencias puideron coñecer de primeira man un centro de investigación en mediciña molecular e enfermidades crónicas,CIMUS, mentres que o alumnado de humanidades disfrutou co coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea no CEGAC. Pola tarde desprazámonos ao GAIÁS, onde poidemos coñecer a espectacular arquitectura da Cidade da Cultura.

Acción Artística Contemporánea

   

    Desde hoxe 25 de maio ás 19:00 pódese visitar na Sala Julia Minguillón do Centro Cultural Torrente Ballester os traballos realizados polo alumnado de 3ºESO dentro dos obradoiros de artes visuais impartidos por Ladislau da Regueira durante o último mes.
   Esta actividade naceu como unha iniciativa dos departamentos de educación plástica e visual e de xeografía e historia no marco do Club de Letras para utilizar os recursos do Espazo Maker, pero foi crecendo coas achegas de toda a comunidade educativa do IES Sofía Casanova e coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.

Herstóricas

     Os día 28-29 o alumnado do IES Sofía Casanova recibiu a visita do grupo Herstóricas, un equipo multidisciplinar interesado na historia das mulleres que reivindica e fai visible e accesible o papel da muller na historia mediante distintos proxectos que promoven a participación, o debate e o pensamiento crítico. O taller que levaron a cabo cos alumnos de 3º e 4º ESO tratou da "representación feminina na arte".

Visita a Sotavento

 

 

 

    Este mércores 6 de febreiro, o alumnado de 3º ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    A visita estivo xestionada polo departamento de Tecnoloxía e estiveron acompañados por profesorado de Tecnoloxía e Xeografía e Historia.
    Alí puideron coñecer o funcionamento dun aeroxerador, o concepto de vivenda bioclimática, diferentes formas de aforro enerxético e os tipos de enerxía renovables que hai.

Viaxe a Berlín

         O venres 15, alumnos de 1º bacharelato saíron hacia Berlín, nunha actividade organizada polos departamentos de Historia e Filosofía

Fálame da emigración

   

  O xoves 3 de maio os estudantes de 2º da ESO tiveron a segunda sesión de traballo dentro do proxecto “Fálame da emigración” organizado por Afundación. Nesta segunda sesión os alumnos poideron explicar aos voluntarios deste programa as súas investigacións realizadas sobre as súas familias o que serviu para coñecer e analizar o fenómeno das migracións contemporáneas contando con casos reais e próximos.

    Neste enlace podedes acceder á presentación inicial do proxecto que inclúe os códigos qr que enlazan cos traballos presentados polos estudantes. Na web de Afundación podedes tamén acceder ás fotos da primeira sesión e no Diario de Ferrol aparece recollida a realización desta actividade.

Concurso AJE Ferrolterra

    IV EDICIÓN PREMIOS EMPRENDE XOVE AJE FERROLTERRA organizou o pasado venres, día 28 de abril, no recinto de FIMO o IV Concurso “Ferrolterra Emprende Xove-Minimarket” para estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
    O concurso pretende recoñecer a iniciativa, innovación, capacidade emprendedora e a creatividade empresarial.
    Os alumnos do IES Sofía Casanova da asignatura Iniciación á Actividade Económica e Empresarial (4º de ESO) presentaron un proxecto titulado “SPASH”.
    O proxecto presentado polas nosas alumnas gañou o premio á comercialización, premio que foi entregado por Marcos Balboa, presidente de AJE Galicia.
                                 Galería de imaxes

 
Distribuir contido


by Dr. Radut