Skip to Content

Ciencias Sociais

Visita a Sotavento

   

     O mércores 8 se marzo os alumnos de 3 ESO foron ó Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    A visita estivo xestionada polos departamentos de Tecnoloxía e Xeografía e Historia. Alí coñeceron o funcionamento dun aeroxerador, o concepto de vivienda bioclimática, diferentes formas de aforro enerxético e os tipos de enerxía renovables que hai.

Un Sofia máis solidario en Nadal

 

    Durante estas dúas últimas semanas, estamos a desenvolver no centro diversas actividades para recadar fondos que serán doados a entidades sen ánimo de lucro, como a Cociña económica, que axudan a familias con necesidades.

   Como estes anos atrás, podedes atopar na entrada do centro un lugar habilitado no cal deixar os vosos víveres ou útiles de aseo para a recollida solidadia que organiza a AMPA.

   Ao lado, na mesa que está xunto ás fiestras de administración, os departamentos de Economía e Xeografía e Historia teñen exposto o seu mercado solidario. Este mercado solidario está formado polos obxectos que doaron os alumnos e alumnas do instituto.

 

Excursión a Santiago 2º ESO (día 3 de xuño)

 

     O departamento de Ciencias Sociais Xeografía e Historia organizou unha excursión a Santiago de Compostela co alumnado de 2º da ESO que estivo acompañado polas profesoras Carmen (filosofía), Eva (Tecnoloxía) e Ánxela (CCSS).

    Pola mañá realizaron un percorrido pola cidade e profundizaron no coñecemento da Catedral vendo as diferentes fachadas, subindo aos tellados e visitando o seu interior. Despois do xantar no Parque de Bonaval visitaron o Museo do Pobo Galego .

Ver montaxe fotográfica

Excursión a Santiago 2º ESO (día 2 de xuño)

   

    O departamento de Ciencias Sociais Xeografía e Historia organizou unha excursión a Santiago de Compostela co alumnado de 2º da ESO que estivo acompañado polas profesoras Ana (PT), Eva (CCSS) e Ánxela (CCSS).

   Pola mañá realizaron un percorrido pola cidade, visitaron o Museo do Pobo Galego e xantaron no Parque de Bonaval. A tarde dedicárona ao coñecemento da Catedral vendo as diferentes fachadas, subindo aos tellados e visitando o seu interior.

Ver montaxe fotográfica.

Excursións á provincia de Lugo co alumnado de 1º ESO

   

    O departamento de CCSS Xeografía e Historia todos os cursos organiza excursións co obxectivo de que o alumnado coñeza a cultura e a arte de Galicia e valore o seu patrimonio.

    Os días 19 e 21 de maio de 2015 realizáronse dúas viaxes cos cursos de 1º da ESO (A, B,C) ao castro de Viladonga, a Fonmiñá e á cidade de Lugo.

Vídeo día 19                                               Vídeo día 21

As fiandeiras da Asociación de mulleres de Cabanas Rural no Sofía

   

    O martes día 26 de maio no IES Sofía Casanova recibimos ás Fiandeiras da Asociación de mulleres de Cabanas Rural. A actividade estivo organizada polo departamento de Ciencias Sociais: Xeografía e Historia co obxectivo de que o alumnado de 1º da ESO valorasen o traballo realizado durante centos de xeracións na maioría das familias.

    As nenas e nenos puideron observar e practicar os labores de escarpizar, cardar, fiar, calcetar, ganchillar e bordar con lá de ovella. Foi unha actividade educativa e divertida.

                    Ler máis        Vídeo da actividade

Viaxe a Madrid dos alumnos de 2º de bacharelato

   

     O alumnado de 2º de bacharelato xunto cos seus profesores das materias de xeografía, historia da arte e historia, realizaron unha viaxe a Madrid entre os días 16 e 20 de abril.

    Alí puideron comprobar aspectos estudados na aula do urbanismo da cidade e visitaron o Museo del Prado e o Reina Sofía.

Visita guiada á EXPONAV

   

   Os alumnos de 1º da ESO xunto cos seus profesores de Educación Plástica e Visual e de Ciencias Sociais acudiron o martes 29 de outubro a visitar esta impresionante exposición museo adicada a presentar o apasionante mundo da construcción naval.

  Coñeceron o desenvolvemento da arquitectura e da construcción dos buques e os materiais empregados así como diversos aspectos relacionados con esta materia: desde a evolución que sufriron as tecnoloxías e ferramentas, ata o momento más importante dun barco, o da botadura e a frotadura.

Foto ampliada

Distribuir contido


by Dr. Radut