Skip to Content

Matemáticas

V Concurso de Fotografía Matemática

   

     O Departamento de Matemáticas convoca o V Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a toda comunidade educativa do centro a participar.

     Este curso volvemos abrir o prazo de participación nesta 2ª avaliación. Animádevos a participar!

     Achéganse aquí as bases, bases que estarán tamén á vosa disposición nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual e no Departamento de Matemáticas.

Gañadores do IV Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

  Presentamos as fotos gañadoras do concurso celebrado este curso 2022 - 2023:

     1º ciclo ESO: Claudia María Vérez e Lara Rivas (conxuntamente) por As "s" matemáticas e Portal matemático.
     2º ciclo ESO: Rita Figueroa Fuentes por (-∞,+∞), e mención honra para Hugo Alonso López: A importancia da xeometría.
     BACHARELATO: Sara Freire Blanco por Unha esfera no espazo, e mención de honra para Puerto Sainz Alzueta por Construción Funcional. 

O vindeiro curso presentaranse as bases para participar na V convocatoria deste concurso, así que ide observando a vosa contorna para participar con novas fotografías estas vacacións. Bo verán e vémonos en setembro!

Club de Ciencia. 2022-23

         Remata outra edición do Club de Ciencia, no que o alumnado do centro acompañado por profesoras de Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía estivo a realizar diversas actividades: traballaron con softcircuits deseñando tarxetas de nadal, elaboraron modelos de especies fosilizadas, reciclaron bolsas de plásticas para facer marcapáxinas e colgantes e deseñaron e construiron un robot que falaba e movía os brazos.

IV Concurso de fotografía matemática

   

    O Departamento de Matemáticas convoca o IV Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a toda a comunidade educativa do centro a participar. Este curso volvemos abrir o prazo de participación nesta 2ª avaliación. Animádevos a participar!

    Achéganse as bases, bases que estarán tamén á vosa disposición nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual e no Departamento de Matemáticas.

Gañadores do III Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

         Presentamos as fotos gañadoras do concurso celebrado o curso 2021 - 2022, 
  - 1º ciclo ESO: Hugo Alonso López: O POZO ESPIRAL, e Miguel Hermida Vivero: EIXO NA AUGA.
   - 2º ciclo ESO: Rita Figueroa Fuentes: PARÁBOLA NA LUZ, e Antón Iglesias Pallarés: MIRADA CIRCULAR.
   - BACHARELATO: Jéssica Criado Guinaldo: A ESTRUTURA ESFÉRICA QUE LEVA O VENTO, e María Kim: BURATO NEGRO NUMÉRICO.
        Proximamente presentaranse as bases para participar na IV convocatoria deste concurso, así que ide observando a vosa contorna para participar con novas fotografías.

III Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

    O Departamento de Matemáticas convoca o III Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a toda comunidade educativa do centro a participar.     Este curso abrese o prazo de participación xa nesta 2ª avaliación, polo que esperamos unha maior participación incluso que nos anos anteriores. 

    Achéganse aquí as bases, bases que estarán tamén á vosa disposición nos orrespondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual

 

Fotografías gañadoras do II Concurso de Fotografía Matemática

   

     Xa temos as fotografías gañadoras do II Concurso de Fotografía Matemática.

    Dada a orixinalidade das fotos presentadas en 2º ciclo de ESO, decidiuse elixir tres das imaxes presentadas.

    Noraboa ós premiados!

2º Concurso de Fotografía Matemática, IES Sofía Casanova

   

     O Departamento de Matemáticas convoca o 2º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a todo o alumnado do centro a participar.

    Esperamos que o concurso volva ter a boa acollida de hai dous anos, e poida seguir celebrándose nos próximos cursos.

    Achéganse aquí as bases, *  bases que teredes tamén distribuidas polo centro e nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual.

    * Amplíanse os prazos ata o 31 de maio

Distribuir contido


by Dr. Radut