Skip to Content

Educación Física

Proxecto Deportivo de Centro - Recreos Activos. Curso 22-23

       Dentro do proxecto deportivo de centro durante o presente curso 22-23 realizaronse moitas actividades nos recreos activos: Voleibol, Badminton, Fútbol Saá, Paseball, Ultimate, Padel-praia, Datchball, e diversos contidos coreográficos como o Just-Dance dos recreos dos venres.

Viaxe á neve 2023 . 3º ESO. Andorra

 

    O alumnado de 3º de ESO, no mes de marzo, realizará unha viaxe a Andorra.

 Aquí pode consultarse o plan da viaxe e información sobre a estación de esquí e o aloxamento. 

Proxecto Deportivo de Centro - Recreos Activos. Curso 21-22

        Dentro do proxecto deportivo de centro durante o presente curso 21-22 realizaronse moitas actividades nos recreos activos: Voleibol, Badminton, Fútbol Saá, Paseball, Ultimate, Padel-praia, Datchball, e dentro dos contidos coreográficos fíxose un Flashmob de Tanxugueiras e o nosos xa mítico Just-Dance dos recreos dos venres.

Saída Kayak - Sendeirismo

   

    O 28 de Abril fixemos unha saída de Sendeirismo e Kayak, con 2º ESO,  dende Pontedeume ao porto de Redes.

    A pesar da longa distancia conseguimos chegar todos cos kayak a Redes sen dificultades.

    Deporte, baño, convivencia no areal, natureza. Un día moi completo e con ganas de repetir. 

Flashmob Tanxugueiras 2022

   

    Video elaborado nun obradoiro de baile realizado por Adrian da academia "All Dance".

    O alumnado, nun tempo record de unha hora, consegiu aprender a coreografía do famoso tema das Tanxugueiras.

    Moi contentos da gran participación nesta actividade voluntaria organizada polo departamento de Educación Física.

Proba de Orientación 2021, do 22 de Novembro

 

 

     O Venres 22 de novembro realizamos una saída ao pinar de Doniños para realizar unha "Proba de orientación deportiva". Participaron 172 alumnos de 4º ESO e 1º Bach demostrando moi boas actitudes para o reto que se lles propuxo.

    A proba foi organizada integramente polo Departamento de Educación física e tivemos a axuda inestimable de 6 profesores mais do instituto. Gracias a todos por vir e participar.

 

Coreografía de baile realizada polo alumnado de 1º ESO no programa de Recreos Activos

 

    A pesar da pandemia, queremos demostrar que seguimos podendo facer diferentes actividades complementarias.

    Podemos ver a parte do alumnado de 1º ESO practicando un dos contidos obrigatorios do curriculum para este ano 20-21

 

Flashmob Jerusalema

   

    No vídeo adxunto pódese desfrutar do Proxecto de Danza elaborado en decembro de 2020 co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES, para intentar seguir con proxectos de actividades complementarias a pesar da Pandemia.

  Parabens e grazas a todos por participar.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut