Skip to Content

Educación Física

Viaxe ós Picos de Europa

         O mércores 20, alumnos de 2º ESO, saíron hacia os Picos de Europa para practicar deportes de multiaventura, dentro do proxecto "Sofía Saudable" que levan adiante deartamentos como EF e CCNN

Surf

       O xoves 21, alumnos de 1º bacharelato fixeron surf en Esmelle,

Kayak

        O xoves 21, alumnos de 3º ESO foron a Pontedeume a iniciarse no kayak,

Recreos deportivos

   

    Durante os recreos, o alumnado do IES Sofía Casanova realiza actividades deportivas que fomentan unha vida saudable nun ambiente de convivencia.

    Desde a experimentación lúdica aos torneos deportivos (torneos de bádminton, fútbol e voleibol), o alumnado ten a opción de practicar deportes de raqueta, bádminton, fútbol, voleibol, actividades con patíns, deseño de coreografías de HIP HOP, floorball, ritmos latinos…

    Os recreos activos son o eixo principal do Proxecto Deportivo de Centro.

Promoción de Estilos de Vida Saudable

   Os alumnos de PEVS, 2º ESO (Promoción de Estilos de Vida Saudable) participaron como invitados no congreso “Aliméntate ben”, que se celebrou no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os días 3 e 4 de maio. Ante o auditorio, expuxeron o seu traballo “Semáforo nutricional: Análise de produtos da cafetería do centro” .

Almorzos saudables


 
 

     Unha alimentación correcta e equilibrada é a elección máis importante que podemos facer para influír positivamente a medio e longo prazo na nosa saúde. A Xornada de “Almorzos Saudables” pretende promover, nun dos grupos máis vulnerables, o hábito de realizar un almorzo equilibrado e suficiente, empregando os menos aditivos prexudiciais posibles. A xornada englóbase no itinerario de “Hábitos de vida Saudable” no que está inmerso o IES Sofía Casanova dentro dos Contratos Programa, en concreto na actuación “Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros”.

              A xornada consta dunha degustación de tipo buffet con 3 estacións:

    1. Batidos de froita natural elaborados no momento e/ou froita natural.

    2. Tostas variadas, combinando pan do día de diferentes clases, queixos, marmeladas e froitos secos.

    3. Iogur combinado con diferentes tipos de cereais sen aditivos.

          A actividade foi organizada polos deptos. de EF, CCNN e ACE, coa colaboración da ANPA   

                                                  Ver fotografías</

Viaxe á neve do alumnado de 3º de ESO

   

     Entre os días 24 e 26 de febreiro, un grupo de alumnos de 3º ESO, acompañados polos seus profesores de Cultura Clásica e Educación Física, visitaron as Médulas e Leitariegos.

    O primeiro día estiveron nas Médulas, onde realizaron un percorrido guiado. Entraron na Galería de Orellán e visitaron o Centro de Interpretación. Xa no albergue de Villablino, o segundo día subiron a esquiar á estación de Leitariegos.

    Ver fotografías.

Proba de Orientación en Doniños

 

     O 6 de outubro realizouse unha proba de Orientación na praia de Doniños na que participaron 160 alumnos de secundaria.

    Na proba, organizada polo departamento de Educación Física, participou tamén alumnado do IES de Canido.

    As condicións foron espléndidas e o alumnado valorou a actividade positivamente.

                Ver imaxes da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut