Skip to Content

Orientación

Información sobre as ABAU

   

     Carmen Lorenzo, Xefa de Negociado de Acceso e atención ao estudante do Campus de Ferrol, veu ao IES Sofía Casanova para explicar ao alumnado de 2º curso de bacharelato o sistema de acceso á universidade.

    Comentou co alumnado as dúbidas e entregou un pequeno dossier con información relevante.

I XORNADAS DE ORIENTACIÓN FERROLTERRA

   

    Os alumnos de 1º e 2º de bacharelato do IES Sofía Casanova asistiron o día 27 de febreiro ás I Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrolterra, organizadas pola dirección e o departamento de Orientación do IES LEIXA, en colaboración co Concello, o Conservatorio de Música Xan Viaño e o CFR de Ferrol. 
    Celebráronse estas xornadas co obxectivo de asesorar e informar aos estudantes sobre as diferentes ofertas educativas post- obrigatorias, (tanto de Formación Profesional coma de distintas Universidades), así como sobre programas europeos e bolsas de estudos.

Reunión informativa - Oferta educativa

   

     O día 29 de maio terá lugar no salón de actos do centro una reunión para informar ás familias sobre a oferta educativa do centro para o curso 2017/2018.

         - ás 16:30 horas, oferta educativa de 4º ESO, dirixida as familias do alumnado que actualmente cursa 3º de ESO

        - ás 17:30 horas, oferta educativa de 1º de Bacharelato, dirixida as familias do alumnado que actualmente cursa 4º de ESO

Probas de Avaliación do Bacharelato e Acceso á Universidade. ABAU xuño 2017

m                    
a luns martes mércores xoves venres sábado domingo      
i 22 23 24 25 26 27 28      Calendario, preinscripción, matrícula, en pps
o 29 30 31 1 2 3 4

x

 

 

  5 6 7 8 9 10 11

u

   
  12 13 14 15 16 17 18

ñ

   
  19 20 21 22 23 24 25

o

   
  26 27 28 29 30
         

Probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade

 

    Nas seguintes ligazóns pódese atopar información sobre a matrícula, convocatorias, estrutura, calendario e cualificación das probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade así como a ponderación que cada materia ten en relación cos graos ou estudos universitarios.

           Información xeral                    Ponderacións

Máis información en   ciug.gal

Charla ao alumnado 1º de Bacharelato

        O pasado luns, día 13, o alumnado de primeiro curso de Bacharelato aistiu a unha charla sobre "Violencia sobre a muller, discriminación por razón de sexo ou orientación sexual", impartida por un policía nacional da Unidade de Familia da Comisaría de Ferrol, dentro do "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos".

Visita ao campus da UDC de Ferrol

   

    Os alumnos e alumnas de 2º curso de Bacharelato acudiron o xoves 16 de febreiro a unha visita ao campus de Esteiro da UDC dentro dunha xornada de orientación promovida polo Departamento de Orientación.

    Tras unha sesión informativa na que se lles explicou o plan de estudios da Universidade da Coruña, o alumnado de Humanidades e Ciencias Sociais visitou as facultades de Humanidades e de Relacións Laborais, mentres o alumnado de Ciencias da Saúde e da rama científica e Tecnolóxica visitaba as facultades de Podoloxía e Enfermaría e Enxeñaría.

Charlas sobre o uso seguro de internet e da telefonía móbil

 

    O xoves 23 de febreiro, dentro do Plan Director de Seguridade e organizadas polo Departamento de Orientación, tivemos dúas charlas no centro as que asistiron os alumnos de 2º y 4º de la ESO.

    As conferencias, impartidas por un inspector de policía, trataron sobre a seguridade e os perigos no uso de internet e da telefonía móbil.

    A finalidade das charlas é informar aos alumnos sobre o uso responsable e seguro das redes wifi, da telefonía móvil, das redes sociais e do correo electrónico entre outros aspectos das novas tecnoloxías, de modo que poidan reflexionar sobre os perigros do ciberacoso, sexting, roubo de identidade, roubo de contrasinais e outros riscos das novas tecnoloxías.

Distribuir contido


by Dr. Radut