Skip to Content

Actividade interdepartamental

Día internacional da muller e a nena na ciencia

   

     O 11 de Febreiro no noso centro celebramos o día internacional da muller e a nena na ciencia. 

    Os alumnos do club de ciencia, axudados por alumnos de 4º da ESO puxeron un árbol na nosa entrada cheo de fotos de mulleres e nenas científicas. As fotos das rapazas do noso club están ao lado de grandes científicas como Marie Curie, Margarita Salas ou Begoña Vila.

    Nun futuro próximo quizáis estas rapazas cubran a nosa árbore pero xa como mulleres científicas de referencia para outras nenas.

O Club de Ciencias na FLL


 

 

     O próximo Sábado 16 de Febreiro, os alumnos do club de ciencias do noso instituto participan na competición First Lego League que terá lugar no Auditorio de Ferrol.
    Alí terán que superar distintos desafíos co seu robot, deseñado e posto a punto para a ocasión. Expoñerán o seu proxecto científico, un biodixestor espacial, e defenderán o seu proxecto en valores.

    Esperamos que vaiades todos a animar e descubrir todos os traballos feitos relacionados coa vida no espazo.

Plan Proxecta: Primeiros obradoiros de radio e vídeo.

   

   Este luns 21 tivemos a segunda parada do Plan Proxecta: “O mundo que queremos”.

    Nesta ocasión, o alumnado de terceiro da ESO realizou un primeiro obradoiro de radio ou vídeo, no que unha representación da Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@s lles explicou como estas ferramentas se poden empregar para mudar o mundo.
    Fixeron algunas prácticas como reporteiras e reporteiros e comprometéronse a deseñar os programas que se gravarán na vindeira parada, que terá lugar en febreiro.

O StemBach do Sofía Casanova no laboratorio da Domus

   

    O pasado 21 de Decembro o alumnado participante no StemBach do Sofía Casanova asistiu a un taller no laboratorio aberto da Domus, na Coruña. Alí, participaron na síntese dunha molécula que será parte dun novo fármaco que está a ser investigado para o Parkinson.
    Durante unhas horas foron auténticos científicos: levaron a cabo a reacción química, illaron o producto por filtración ao baleiro e comprobaron a obtención do producto desexado mediante cromatografía en placa fina usando unha lámpada de luz ultravioleta.
    Foi unha experiencia única que lles permitiu acercarse ao traballo científico e reflexionar sobre a aportación da ciencia ás nosas vidas.

O mundo que queremos - Plan Proxecta

         O mércores 19 de decembro iniciouse en 3º ESO a actividade do Plan Proxecta “O mundo que queremos”, que terá continuidade durante todo o ano.    

25N – 10D: 16 días de activismo contra a violencia de xénero

   

     Un ano máis realizamos actividades en torno ao 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller). Comezaron desde a Biblioteca, “plantándose” contra a violencia de xénero, concienciando ao alumnado a través de vídeos e carteis  e propoñendo lecturas; á iniciativa sumouse o Club de Ciencia e as titorías.
    Esta campaña de 16 Días de activismo contra a violencia de xénero (ONU), Orange the World: #HearMeToo, rematou coa actuación do coro do instituto.
    Ese mesmo día deuse a coñecer o mural que realizaron os alumnos de EPV, un mural simbólico que representa as fases polas que pode pasar unha muller que se encontra ante este grave problema.
    A ANPA trouxo ao instituto unha exposición fotográfica da Casa da Muller de Ferrol que aínda pode contemplarse estes días na entrada do centro.
    Outro ano máis, no Sofía, toda a comunidade educativa unida para eliminar a violencia contra mulleres e nenas: ÚNETE para Poñer Fin á Violencia contra as Mulleres.

I Xornada de convivencia STEMBach en Santiago

   

     Os alumnos do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía do IES Sofía Casanova acudiron o día 27 de novembro á I Xornada de Convivencia STEMBach no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago. Asisitiron a este encontro uns 200 alumnos procedentes dos 15 centros de Galicia nos que se imparte esta modalidade de bacharelato. Esta xornada, de carácter formativo, foi inaugurada pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. A continuación, Deborah García Bello autora do blogue Dimetilsulfuro, dirixiuse ao alumnado para concienciar sobre a importancia de facer ciencia como sociedade. 

Visita a AQUACIENCIA

         O día 23 de novembro os alumnos de 3º ESO D visitaron Aquaciencia, o xardín didáctico dedicado á auga e ás súas funcións, enerxía e principios dinámicos. Neste parque activo pódese comprobar de xeito práctico como se comporta a auga nas distintas máquinas colocadas ao longo do itinerario.
Distribuir contido


by Dr. Radut