Skip to Content

Actividade interdepartamental

Alumnos de 2º Bach van a Madrid

   

     Os alumnos de 2º bacharelato visitaron Madrid entre o 6 e 8 de abril. Nesta visita, organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Tecnoloxía, o primeiro día percorreron a cidade (circuíto con guía) a fin de estudar distintos aspectos do plano urbano; pola tarde visitaron o Museo Nacional de Ciencias Naturales; remataron o día asistindo á representación de Ushuaia (obra de Alberto Conejero, interpretada por José Coronado) no Teatro Español. O segundo día adicáronse a realizar un circuíto guiado de arquitectura contemporánea e a visitar o Museo Reina Sofía. Deixaron para o último día a visita ao Museo del Prado.

       Galería de imaxes

Cangas de Onís

   

     O días 3, 4 e 5 de abril, alumnos de 3º ESO do IES Sofía Casanova, acompañados polos profesores Julia de Partearroyo, Paco Dávila e Andrés Rodríguez Bergara, participaron nunha saída extraescolar a Cangas de Onís.
    O primeiro día visitaron o xacemento romano das Covas de Andía e realizaron unha actividade de sendeirismo nos Lagos de Covadonga.
    O segundo día, barranquismo, paintball, xincana de humor amarelo (pista americana, twister xigante, bubble soccer) e unha actividade nocturna de espeleoloxía.
    Quedou para a última xornada a baixada do río Sella en canoa.   

               Galería de imaxes

Charla divulgativa sobre doazón e transplantes e clase teórico-práctica de RCP

  

    O pasado luns, 16 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato do centro asistiu no salón de actos a unha charla que impartiu Alejandro Montero, enfermeiro da unidade de transpalntes do CHUAC, sobre a doazón de órganos e tecidos.

    Xunto con esta interesante labor de concienciación que vimos desenvolvendo no instituto desde hai uns anos, este anos incorporouse unha clase teórico-práctica de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP).

    O noso alumnado aprendeu a importancia de ter unha segunda oportunidade, reflexionou sobre a importancia da doazón para salvar vidas e relizou ,por primeira vez, técnicas de reanimación con maniquís especiais.

Visita a EXPONAV

   

     Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO do noso centro, dentro dunha actividade interdepartamental organizada polos profesores de Artes Plásticas e Diseño, Tecnoloxía e Xeografía e Historia, acudiron esta semana ao edificio de Herrerías adicado á construcción naval.

    Alí, puideron atender ás explicacións da evolución das técnicas constructivas, desde a primeira máquina de vapor ás máis adiantadas técnicas. Tamén estudaron, entre outros importantes aspectos, o pecio da fragata Magdalena, afundida na ría de Viveiro no ano 1810 e recuperada nos anos 80 do século pasado.

Cinensino

 

    O venres 14 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de ESO, acompañado polos seus profesores Silvia, Eva, Alberto, Antía, Ana, Andrés e José María, acudíu ao teatro Jofre a ver a película "Secretos de guerra" dentro do programa "Cinensino" para a prevención de consumo de alcol e outras adiccións no que, outro ano máis, participa o noso centro.

    A película aprendeunos que a amizade é un dos nosos catro grandes tesouros; que a liña que separa a súa consistencia da súa fraxilidade non depende so do esforzo cotián que fagamos por cultivala e que se as nosas decisións teñen esa mirada limpa coa que os nenos encaran o mundo seremos quen de anular o odio.

Agora, traballaremola nas titorías.

Os alumnos de 2º de bacharelato viaxan a Madrid

   

     O alumnado de 2º de Bacherelato realizou unha excursión a Madrid os días 14,15,16 e 17 de Abril onde puideron visitar desde Centros Tecnolóxicos como o INSIA, Museo del Prado, MN Centro de Arte Reina Sofía, MN de Ciencias Naturales, Caixa Fórum... disfrutar dunha representación de teatro alternativo: "SOLO SON MUJERES", sobre a invisibilidade da muller durante a Guerra Civil, no Teatro de La Abadía. Xa de regreso, fixemos unha parada na monumental cidade de Segovia. 

     Ver fotografías

O xornalista Miguel Ángel Aguilar no Sofía Casanova

   

    Miguel Ángel Aguilar recibirá o Premio José Couso de Liberdade de Prensa en Ferrol o día 3 de maio (Día Mundial da Liberdade de Prensa).

    Ese mesmo día estará no Sofía e conversará cos alumnos sobre a súa experiencia como comunicador.
    Esta actividade está organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia  e inscríbese dentro do proxecto ‘Xornalismo na Escola’, consistente en impartir talleres en centros de secundaria para alumnado de 3º ou 4º da ESO.

    Máis información no blog da biblioteca.

O mes das letras no Sofía

   

 18 ABRIL A 18 DE MAIO: MES DAS LETRAS NO SOFÍA

23 de abril
DÍA DO LIBRO

17 de maio
DÍA LETRAS GALEGAS
DÍA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DAS TELECOMUNICACIÓNS

   O mes arrincou esta semana con traballos dos alumnos coordinados polo departamento de lingua castelá e literatura para conmemorar os 400 anos do pasamento de Cervantes e Shakespeare.

Distribuir contido


by Dr. Radut