Skip to Content

Concerto didáctico adicado á música tradicional galega

   

     O 24 de febreiro, os alumnos de 2º ESO acudiron o Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a escoitar e disfrutar dun concerto didáctico adicado á música tradicional galega. PABLO CARPINTEIRO ARIAS, PRESENTADOR E MÚSICA. ROSA SÁNCHEZ, CANTADORA E PERCUSIONISTA 

    "Neste concerto didáctico empréganse 43 instrumentos musicais galegos diferentes usando un fío condutor que consiste en explorar o paralelismo entre a evolución da nosa especie e o desenvolvemento físico e musical dun neno e unha nena galegos.

    É un concerto que corresponde a nova disciplina da biomusicoloxía.  

Explicamos como se desenvolvían as vidas musicais de nenos e de nenas dentro da nosa cultura tradicional e imos vendo como cada proceso ten unha base relacionada coa nosa evolución como especie e coa nosa bioloxía e psicoloxía. Tamén repasamos os comportamentos musicais dos adultos e exploramos a súa importancia para o mantemento das nosas sociedades. Explícanse as últimas teorías sobre á aparición e importancia da música na especie humana, como a da musilingua ou a influenza do desenvolvemento fetal e da selección sexual nos comportamentos musicais. Expoñemos a nosa teoría da orixe infantil dos instrumentos musicais a través da comparación dos instrumentos que fabricaban e tocaban os nosos nenos/as e os achados nas escavacións paleolíticas. Tamén afondamos e recalcamos a enorme importancia das mulleres na música humana, na organización das nosas sociedades antes do patriarcado e na xeración de cohesión social a través da música que elas facían".



page | by Dr. Radut