Skip to Content

Música

Concerto no Auditorio de Galicia

   

   O pasado martes 30 de Abril, alumnos de 2º ESO A e B, asistiron no Auditorio de Galicia a un concerto didáctico: "Orquestra de Malabares": CIRCO e a MÚSICA, da man de 6 malabaristas e a banda municipal de Santiago.

    Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e a banda municipal de Santiago. Unha relación entre música e circo.

O coro do Sofía, na II Gala Benéfica contra o Cancro Infantil

   

     O pasado 3 de marzo, o coro "Son do Sofía" participou na II Gala Benéfica contra o Cancro Infantil en Neda. Aínda que o son non é moi bo (o pavillón estaba ateigado de xente), o que importaba ese día, era SUMAR. O coro dá as grazas a todos os integrantes que puideron participar, e ás familias e amigos que acompañaron.

   Máis información no blog de música.

Concerto Real Filharmonía de Galicia e Abraham Cupeiro: Pangea.

   

      O pasado 22 de febreiro, alumnos de 3ºESO A, 4ºESO A/B/C E 1º BACH E, acudiron a un concerto didáctico  no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
   O espectáculo, "Pangea. A paisaxe sonora do noso planeta”, foi deseñeado polo poliinstrumentista -natural de de Sarria- Abraham Cupeiro, que busca unir os cinco continentes a través da música. A batuta da Real Filharmonía de Galicia levouna o mestre Rafael Agulló.

Máis información sobre este evento, no blog de música do Sofía.

Encontro de coros

        O pasado 19 de febreiro, no centro Ágora da Coruña, celebrouse un encontro de coros, no que participou o Coro do Ies Sofía Casanova. No blog de música podedes ver as actuacións.

O Coro do Sofía Casanova na prensa local

        A prensa local, en concreto o Diario de Ferrol, recolle a importante labor desenrolada polo Coro do Sofía Casanova

O coro do Sofía participando no samaín

   

    O pasado día 9 de novembro, festexamos no IES Sofía Casanova o Samaín e, antes de comer castañas, debutou o coro do Sofía, integrado por alumnos de 1º ESO ata 1ª de Bacharelato.

    Grazas a todos os alumnos que participades e gastades o voso tempo de recreo, aprendendo e disfrutando da música. A seguir así! Sodes xeniais!!!

    Aquí queda como mostra a actuación :

         Memoria da noite              Siyahamba                Bonse Aba

Concerto

   

    O pasado martes 3 de abril, alumnos de 1º, 2º e 3º ESO, asistiron no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a un concerto didáctico: "O ritmo e a palabra".

    A percusión foi o instrumento protagonista do concerto didáctico que ofreceou o percusionista da Real Filharmonía de Galicia José V. Faus, alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais, e o compositor e narrador Fernando Buíde

       Programa  e  Vídeos                                          Fotos    

A mocidade coa lingua

 

     O xoves 5 de Abril, alumnos de 1º de Bacharelato, asistiron á "A mocidade coa lingua", acompañados por dúas profesoras dos departamentos de Lingua Galega e Música.

    O festival, organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, cumpriu 26 anos, e nel participaron centros de toda a comarca, ademáis do grupo profesional A banda da loba.

              Fotos                  Vídeos

 
Distribuir contido


by Dr. Radut