Skip to Content

Debuxo

Concurso “ENSINA FERROL”

       Promovido polo Concello de Ferrol e o Foro Ferrol Vivo, convocouse o concurso de debuxo “Ensina Ferrol” co obxectivo de difundir o noso patrimonio a través dos deseños dos escolares da zona. Cos seus debuxos, nos que representan elementos do barrio da Magdalena, do arsenal, das defensas costeiras e do porto natural, os estudantes apoian a candidatura da cidade de Ferrol a Patrimonio Mundial (Unesco). Obtivo o primeiro premio neste certame Lucía Toval (3º ESO B) e un accésit Xurxo Ferrer (3º ESO A).

Premios poesía e imaxe "en galego, sen filtro" 2018

   

   Entre os premiados nesta edición, figuran os alumnos de EPV Aldryn Rodríguez Guzmán (2º ESO) e Patricia Prego Dacuña (1º bacharelato).

    A imaxe creada por Aldryn parte dun poema en lingua bielorrusa; a de Patricia, dun poema en lingua galega.

Visita ao CIEC e ao Betanzos medieval e modernista

   

     O 13 de marzo, os alumnos de Técnicas de Expresión Gráfico Plástica e Historia da Arte (2º bacharelato) fixeron un roteiro medieval e modernista por Betanzos. Foron tamén ao taller de gravado no CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea), para coñecer os diferentes tipos de gravado e facer unha práctica de gravado en metal.

                               Fotos

Edgar Allan Poe no IES Sofía Casanova

 

     O departamento de Lingua Castelá e Literatura, coa colaboración do departamento de Educación Plástica e Visual e mais do equipo da Biblioteca, adicou este ano o día do libro ao escritor estadounidense Edgar Allan Poe.

    O venres 28 de abril, no salón de actos do centro, o alumnado da ESO presentou os traballos que elaborara na aula coa axuda das súas profesoras e profesores nas semanas anteriores e realizou unhas lecturas dramatizadas de catro relatos: 1º de ESO traballou co "Corazón delator"; 2º de ESO, co "Gato negro"; 3º de ESO, con "A verdade sobre o caso do señor Valdemar" e, 4º de ESO con "Berenice".

    Nas clases de EPV os alumnos e alumnas fixeron carteis despois de ter traballado os relatos nas aulas de Lingua Castelá e Literatura.  Estes carteis poderán verse nunha exposición no instituto.

 

Visita a Cándido Hermida

        Os alumnos, acompañados polos seus profesores dos departamentos de Debuxo e Tecnoloxía das materias de Debuxo Técnico II, Electrotecnia e Tecnoloxía Industrial II de 2º de bacharelato, realizaron unha visita guiada á empresa Cándido Hermida no polígono industrial Río do Pozo en Narón, dedicada ao deseño, fabricación, subministro e montaxe de equipamento integral para instalacións de uso colectivo.

Visita a edificios de Rodolfo Ucha

   

    Saída interdisciplinar dos departamentos de economía e debuxo facendo un percorrido polas rúas ferrolás para coñecer a arquitectura e os usos económicos e sociais dos famosos edificios de Rodolfo Ucha, visitando o interior do que ocupa a cociña económica.

    Esta saída forma parte das actividades de concienciación que se farán no MES DA SOLIDARIEDADE NO SOFÍA.

Ruta a pé dende a Cabana ao "Bosque dos nenos"

   

    O pasado 5 de novembro os alumnos de 3º ESO fixeron unha saída organizada polo departamento de CCNN e DEBUXO para recoller fungos e cogomelos e información fotográfica da xeometría na natureza. A ruta a pé partiu da Cabana ata o "Bosque dos Nenos" en Valón onde,coa axuda das ensinanzas das profesoras de ciencias, se recolleron algúns exemplares de cogomelos que logo foron expostos no recibidor do instituto.

    Como xa vai sendo habitual, celébrase no mes de novembro o "mes dos fungos e cogomelos no Sofía Casanova" durante o cal ten lugar diversas actividades encamiñadas ao coñecemento destas especies nos bosques autóctonos da nosa contorna e a concienciación no coidado e o respecto pola natureza. Este ano o cogomelo protagonista foi o Boletus Edulis, do que atopamos un bo exemplar na saída ao bosque.

Exposicións das tres Gracias

   

    Na entrada do instituto, poderás ver durante estes días unha exposicións dos traballos feitos polos alumnos de 4º de ESO de Educación Plástica e Visual.

    O traballo do curso consistiu nunha interpretación da figura da beleza a partir do cadro das tres Gracias de Rubens. Os traballos feitos polos alumnos de María Lanza mercen unha visita para facer unha fonda reflexión sobre este concepto.

    Ver fotos

Se queres ver máis, entra no blog da biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut