Skip to Content

Debuxo

Visita ás meninas no barrio de Canido

   

    O venres 15 de maio, os alumnos de 4º de ESO, acompañados pola súa profesora María Lanza, realizaron unha visita as Meninas de Canido cun plano de Google Maps para localizar os lugares onde se atopan as pinturas co fin de elaborar unha ruta artística polo barrio.

    Recolleron documentación fotográfica e datos acerca dos autores das obras e os estilos artísticos que atoparon.

Fotos do grupo

O ilustrador Xosé Tomás visita a nosa biblioteca

   

   O martes 28 de abril, o ilustrador e profesor Xosé Tomás, visitou o noso centro para impartir un obradoiro sobre banda deseñada para os alumnos do club de lectura e mais os de EPV.

    Se queres saber máis desta visita visita o blog da nosa biblioteca.

Celebración do día da paz


 
 

    O pasado venres 30 de xaneiro, celebramos no noso centro o día da paz.

    Como podedes ver nas fotos, os departamentos de Plástica, Tecnoloxía, Relixión, Lingua Galega e Lingua Castelá organizaron traballos cos alumnos para reflexionar sobre a importancia de construir unha sociedade libre de violencia.

    Celebremos a paz todos os días!

Visita a "Afundación" e "CTB"

   

     Os alumnos de 4º de ESO acompañados polas súas profesora Ángeles Doce e María Lanza, relizaron o xoves 16 de decembro unha visita á exposición "MÚLTIPLE. A ARTE DOMINGO GRAVADO DE PICASSO A BARCELÓ" e realizaron un taller onde practicaron a técnica da Xilografía con linóleo en Afundación.

    No Centro Torrente Ballester (CTB) fixeron unha visita guiada onde lles falaron sobre a historia do edificio e sobre a súa arquitectura, incluíndo o almacén cos fondos de pintura do museo. Ademais visitaron dúas exposicións temporais unha de FAUSTO ISORNA "O CEO DÁS ILUSIÓNS" sobre fotocollage e outra colectiva "ESPAZO PÚBLICO / ESPAZO PRIVADO" sobre imaxe fotográfica e videocreacións.

   Ver fotografías da visita

Exposición de fungos e cogomelos

   

    Durante estes días, podedes contemplar unha exposición do mundo dos fungos e cogomelos na entrada do instituto.

    A exposición está organizada polos departamentos de ciencias da natureza, educación plástica e visual e polo equipo da biblioteca.

   Como podedes ver nas fotos, na exposición atoparedes variedade de exemplares que foron recopilados polos alumnos e carteis explicativos das variedades que elaboraron os profesores do departamento de ciencias da natureza.

Ademais, tamén poderedes ver debuxos feitos polos alumnos en clase de EPV con María Lanza. Por último, unha presentación de libros que preparou Ana Seco para explicar todas as nosas dúbidas sobre este fascinante mundo dos fungos e os seres que pobran as fragas.

Xornada nas fragas do Eume

    O xoves 19 os alumnos de 4º de ESO fixeron unha andaina polas fragas do eume cos seus profesores Pilar Berrio, María Lanza, Cristina López, Luisa Juana López e Joaquín Rodiles.

   A finalidade desta actividade interdisciplinar entre os departamentos de educación plástica e visual, ciencias da natureza e lingua castelá e literatura foi triple: por unha banda, a recolección de fungos para a exposición que podedes disfrutar na entrada do centro; en segundo lugar pintar a natureza e recoller mostras para o traballo de plástica na aula e, en derradeiro lugar pero non por elo menos importante, tratar de descubrir algún ser fabuloso dos que pobran os libros favoritos de Pilar.

    Foi toda unha experiencia

Visita ao CTB

 

    Os alumnos de 4º de ESO de EPV, acompañados polos profesores María Lanza e Iñaki Tomás, acudiron o venres ao Centro Torrente Ballester para visitar unha exposición de pintura, escultura e gravado do autor coruñés Emilio Celeiro.

    O autor fixo unha visita guiada e amosou unha excelente disposición cos alumnos, polo que lle enviamos a noso agradecemento.

Foto ampliada

Visita guiada á EXPONAV

   

   Os alumnos de 1º da ESO xunto cos seus profesores de Educación Plástica e Visual e de Ciencias Sociais acudiron o martes 29 de outubro a visitar esta impresionante exposición museo adicada a presentar o apasionante mundo da construcción naval.

  Coñeceron o desenvolvemento da arquitectura e da construcción dos buques e os materiais empregados así como diversos aspectos relacionados con esta materia: desde a evolución que sufriron as tecnoloxías e ferramentas, ata o momento más importante dun barco, o da botadura e a frotadura.

Foto ampliada

Distribuir contido


by Dr. Radut