Skip to Content

Debuxo

Reciclarte no IES Sofía Casanova

 Se te achegas ao noso centro estes días, poderás contemplar unha exposición de meninas feitas polos alumnos de 4º de ESO do curso pasado con obxectos reciclados.

 A actividade foi coordinada pola profesora de EPV María Lanza. Estes artefactos son os mesmos que decoraban as fiestras e as árbores de Canido durante a última edición das Meninas os días 5 e 6 do pasado mes de setembro.

Ver traballos

.

Exposición de traballos sobre o nacemento da Venus de Botticelli

 No recibidor do instituto celebrouse unha exposición cos traballos dos alumnos de 4º de ESO, da materia de Educación Plástica e Visual, sobre versións persoais do famoso cadro de Botticelli.

As obras foron sometidas a votación por parte da comunidade educativa do IES Sofía Casanova e tres delas resultaron premiadas.

Nesta ligazón podes ver todas as obras.

Ruta didáctica das Meninas de Canido

  O pasado luns, 7 de abril, os alumnos de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO realizaron a ruta das Meninas no barrio ferrolá de Canido na que foron acompañados polo creador do proxecto Eduardo Hermida.

Ver foto ampliada.

Visita á Cidade da Cultura

Dentro das actividades complementarias do Departamento de Debuxo e da Biblioteca do Centro, o alumnado de primeiro da ESO visitou dúas exposicións, "Gravado" e "Auga Doce", o pasado martes día 25.

En ambalasdúas recibiron explicacións didácticas  a cargo de profesionais expertos en cada unha das temáticas. 

2º Bacharelato

Tanxencias curvas tecnicas e enlaces ( Viola y arco)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut