Skip to Content

Novas

Exposición de acuarelas de Ricardo Pena

   

    Ricardo Pena, que durante moitos anos foi profesor de lingua inglesa neste instituto inaugura o 4 de decembro, ás 8 da tarde,  unha exposición de acuarelas na sede de Afundación, na Praza da Constitución.

   A exposición poderá visitarse entre o 4 de decembro e o 16 de xaneiro.

Guillermo Llorca publica un novo libro

 

    Guillermo Llorca Freire, que durante moitos anos foi profesor de Xeografía e Historia neste instituto, acaba de publicar un novo libro.

   Este libro está dedicado ó profesor ferrolán Juan García Niebla. un insigne ferrolán pedagoxicamente adiantado ó seu tempo

Homenaxe a Gloria Martínez Lamigueiro

 

    A profesora Gloria Martínez Lamigueiro recibiu unha homenaxe dos seus compañeiros con motivo da súa xubilación acadada despois de moitos anos neste centro, durante os que mostrou unha gran dedicación ós seus alumnos e unha entrañable relación cos seus compañeiros.

   ¡ Feliz xubilación!

Club de lectura de adultos

 

    Despois do descanso de Nadal, este martes 27 tivemos unha nova xuntanza do club de lectura de adultos. A sesión estivo adicada á nova novela de Javier Marías Así empieza lo malo. Plantexáronse interesantes observacións acerca da dúbida, do perdón e da memoria histórica.

     Na próxima sesión, que terá lugar na biblioteca do noso centro o derradeiro martes de febreiro, comentaremos o libro Conacho ,do noso compañeiro Guillermo Ferrández.

     Lembrade que se formades ou formastes parte da nosa comunidade educativa, estás invitado a participar no noso club. Achegádevos o noso centro e preguntádelle a algún dos membros da biblioteca escolar.

Esperámosvos.                                                                   Visita o blog do club

O Sofía Casanova, "Ferrolán do Ano"

 

     O IES Sofía Casanova acaba de ser distinguido co premio "Ferrolán do ano"  distinción que comparte cos colexios Recimil, Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Compañía de María.

    A corporación municipal ó cenceder o premio destaca ó Sofía Casanova como  «exemplo de esforzo e dedicación na formación de tantas xeracións de ferroláns».

    A entrega de premios terá lugar o próximo 7 de xaneiro, ás 12:30, nun acto que o concello celebrará no teatro Jofre coincidindo coa festividade de San Xiao.

Homenaxe a profesores do Sofía Casanova

 

    Os profesores Manuel Bilbao, Mariano Durán, Enrique de Francisco, Luís Losada e Mª José Rodríguez recibiron unha homenaxe dos seus compañeiros con motivo da súa xubilación.

    Os seus alumnos, aló onde estén, levan a pegada da súa dedicación e excelencia profesional.

    Os seus compañeiros gardan o afecto que lles teñen e que se foi incrementando cos anos de contacto personal e profesional.

   ¡ Feliz xubilación!

Premio de ensaio para Alberto Sucasas

 

    Alberto Sucasas Peón, que durante moitos anos foi profesor de Filosofía neste instituto, acaba de recibir o Premio de Ensaio Miguel de Unamuno outorgado polo concello de Bilbao.

     Os nosos parabéns a Alberto.

Novo premio a Claudia Rojo Cazorla

 

 A alumna de 2º de Bacharelato, Claudia Rojo Cazorla, campeona xuvenil e absoluta  de Galicia  e  de España en diversas categorías recibe o premio á mellor deportista naronasa 2014.

En  La Voz de Galicia e no Diario de Ferrol  podes ver unha reseña do acto de entrega do premio.

Distribuir contido


by Dr. Radut