Skip to Content

Novas

O Sofía coa traxedia do tren en Santiago, o Sofía con Laura

lazo_negro_bandeira Dende o 24 todos tiñamos un fondo pesar polo acontecido en Santiago. Hoxe soubemos que o drama afectou a Laura, unha das nosas alumnas de E.S.O. que viaxaba no tren. Ela salvouse afortunadamente, mais perdendo a dous familiares moi directos e queridos.

Unha fonda aperta a Laura, aos seus, ás demáis víctimas e os seus familiares e amigos.
E un recoñecemento a todos os voluntarios e profesionais que fixeron todo o posible por axudarlles nesas longas e difíciles horas.

Concedida a axuda do PLAMBE á biblioteca do Sofía

plambeA Asesoría de Bibliotecas ven de comunicar a relación provisional de axudas á mellora de bibliotecas escolares para o vindeiro curso, na que está incluída a do Sofía Casanova. Era esta unha vella arela do centro, e este ano vaise facer realidade, grazas en boa medida aos esforzos do grupo de traballo de biblioteca.
Parabéns a todo o mundo e o curso que ben, máis lectura!

Día Mundial do Medio Ambiente

medioambienteHoxe é Día Mundial do Medio Ambiente: moitos pensan, con razón que estas conmemoracións deberian ser todos os días, pero aproveitamos para lembrar que hai moito por mellorar en Ferrolterra e unha parte a podemos e debempos facer cada un de nós.

Así que a lembrar neste día de sol cal vai ser a nosa aportación para un medio mellor.

Avaliación Diagnóstica

29/05/2013 09:00
29/05/2013 13:00
Etc/GMT

Segunda e última xornada das dúas de realización das probas de avaliación diagnóstica

Avaliación diagnóstica para 2ºESO

28/05/2013 09:00
28/05/2013 13:30
Etc/GMT

Primeira xornada das dúas de realización das probas de avaliación diagnóstica

Acto de despedida á promoción 2013 de 2º de Bacharelato

bac2Nun salón de actos abarrotado polo alumnado, as súas familias e o seu profesorado tivo lugar o acto de despedida dos 91 alumnos e alumnas da promoción 2012-13 de 2º de Bacharelato.
O acto, organizado polo própio alumnado enriqueceuse con danza, a entrevista a un ex-alumno, recoñecido autor de cómic, a entrega de orlas, un "vídeo sorpresa" e as palabras do director e de Inés Amarelo García en representación do alumnado.
Rematouse cun fermoso tango interpretado en cuarteto de corda, uns pinchos ofrecidos polo alumnado ás familias e profesorado e, como colofón, unha cea con máis de noventa asistentes. Unha xornada inesquecible. 

Máis información gráfica

Vídeo

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013: HOMENAXE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

bolañoHoxe están a ter lugar os actos preparados polo alumnado de 1ºD e de 4º A e B para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ao dramaturgo santiagués Roberto Vidal Bolaño.En primeiro lugar veremos unha presentación sobre a vida e a obra do escritor homenaxeado e, a continuación, Andrea Rivera, Jorge Trillo, Laura Freire e Inés Falcón de 4ºA e Elina Bardanca e Alicia Bugallo de 4ºB, farán unha lectura dramatizada de fragmentos seleccionados obras do autor.
O acto está presentado por Álvaro Flores e Elena Ramil 

Festivo de centro

libroLémbrase que o xoves 16 foi elixido por claustro e consello escolar e aprobado por inspección educativa como día non lectivo de centro, polo que ese día permañecera pechado.

Bo día das Letras Galegas!

Distribuir contido


by Dr. Radut