Skip to Content

Complementarias

Acto de Graduación de 2º Bacharelato 2023

 

 

     Este curso escolar decidimos realizar o acto de graduación no pavillón para que todas as familias poideran asistir.

     Coa colaboración de varios profesores e un grupo de alumnos de 2º Bach deu como resultado un acto emotivo, bonito e moi completo. Simplemente dar as grazas a todos os que o fixeron posible. 

            

Me presento...¡Con las TIC!

   

     Alumnado de TIC de 4º de ESO está a participar no proxecto eTwinning “Me presento...¡Con las TIC!”
     Neste proxecto o noso alumnado comparte información con alumnado italiano do ISC Rotella-Montalto delle Marche empregando as TIC.

     Realizan presentacións usando diferentes ferramentas dixitais (vídeos, presentacións, Padlets, cuestionarios, videoconferencias…) mellorando as súas competencias dixitais e practicando “foreigner talk”

Club de Ciencia. 2022-23

         Remata outra edición do Club de Ciencia, no que o alumnado do centro acompañado por profesoras de Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía estivo a realizar diversas actividades: traballaron con softcircuits deseñando tarxetas de nadal, elaboraron modelos de especies fosilizadas, reciclaron bolsas de plásticas para facer marcapáxinas e colgantes e deseñaron e construiron un robot que falaba e movía os brazos.

I Concurso IES Sofía Casanova de Banda Deseñada

   

  O Club de Lectura de Novela Gráfica conxuntamente coa Biblioteca convoca o I Concurso IES Sofía Casanova de Banda Deseñada onde todo o alumnado pode participar.

    Tedes as bases aquí e nos carteis que xa están colgados polos corredores do centro.

    Animádevos e participade: O prazo remata o 16 de xuño!

Visita do alumnado de Talentos Inclusivos a ASPACE Coruña

   

    O pasado 21 de abril o alumnado participante no proxecto Talentos Inclusivos visitou as instalacións de ASPACE Coruña.

    ASPACE foi fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral. A misión que ten é mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e discapacidades psicofísicas e as das súas familias, poñendo a súa disposición os recursos necesarios para promover o seu desenvolvemento persoal e a igualdade de oportunidades. Os usuarios que atenden repártense entre o Centro Educativo (de 3 a 21 anos), o Centro de Día (máis de 16 anos) e o Centro Residencial (máis de 16 anos).

    O alumnado visitou os tres centros, coñeceu a radio, o taller de cerámica, a piscina, a sala de estimulación... falou cos usuarios e levoulles o prototipo de App de mando de TV que están a facer.

A biodiversidade que nos rodea

   

   O alumnado de primeiro de ESO participou no proxecto Make it Open cun escenario de aprendizaxe sobre A biodiversidade que nos rodea.

    Coordinado polo profesorado dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Tecnoloxía,

 coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, o alumnado: analizou a biodiversidade da zona, colleron sementes, xeolocalizáronnas nun Padlet, fixeron pequenos invernadoiros, construiron uns testos, crearon mini xardíns no instituto e realizaron repoboacións nun área deseucaliptizada do val de Doniños.

    Para levar a cabo este escenario, a parte das profesoras das materias do proxecto tamén colaborou persoal non docente do instituto e donos da área repoboada.
    Foi unha experiencia moi gratificante para todos os participantes.

                  Galería de imaxes
  

Mocidade coa lingua

     O pasado 30 de marzo, os alumnos de 2º e 3º da ESO acudiron ao Auditorio de Ferrol a disfrutar do concerto A Mocidade coa lingua.
   Nel, ademáis de escoitar a grupos doutros institutos, tiveron a sorte de ver en directo a AS FILLAS DE CASANDRA, un dos grupos galegos revelación este ano.

Obradoiro de instrumentos música

   

     O pasado martes 21 de marzo, tivemos a sorte de contar no instituto, coa presenza de Emilio Romero Fabal, constructor de instrumentos e profesor no Padroado de Cultura de Narón.

    Explicou ao alumnado de 2º ESO a importancia dos instrumentos tradicional, a súa evolución e función. Ademáis ensinoulles a elaborar un CARRIZO.

    Desexando aprender máis cousas.

                                      Mil grazas, Emilio.

Distribuir contido


by Dr. Radut