Skip to Content

Complementarias

Viaxe de fin de curso para 4º ESO

   

   Xa se dispón da planificación da excursión de fin de curso para 4º ESO, curso co que o alumnado remata unha etapa educativa.

   Na presentación adxunta pode verse o previsto para esa viaxe, cun completo programa de actividades físicas, de ocio e culturais.

XOGO DE ESPELLOS Unha ollada a través da música electrónica

   

    O 3 de febreiro, o alumnado de 2º ESO, asistiu no Auditorio de Galicia ao concerto didáctico: XOGO DE ESPELLOS Unha ollada a través da música electrónica.

    "Javier Otero, pianista e artista experimental, presenta o seu novo proxecto “Saraiba” para piano e electrónica xunto coa Real Filharmonía de Galicia. Unha aposta pola estética actual, con influencias da natureza e da vida cotiá. Abrir as fiestras para osixenarse e deixarse levar... "

Visita de ASPACE

   

    O pasado 26 de xaneiro usuarios de ASPACE Coruña visitaron o noso centro dentro do proxecto Talentos Inclusivos.

    Fernando, Carlos e María José falaron do día a día das persoas con parálise cerebral. Concretaron co alumnado de Tecnoloxía o reto que van a realizar para axudarlles: unha App para poder controlar a TV dende unha tablet.

    Algunhas redes publicaron a noticia: ASPACE, Talentos inclusivos

IV Concurso de fotografía matemática

   

    O Departamento de Matemáticas convoca o IV Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a toda a comunidade educativa do centro a participar. Este curso volvemos abrir o prazo de participación nesta 2ª avaliación. Animádevos a participar!

    Achéganse as bases, bases que estarán tamén á vosa disposición nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual e no Departamento de Matemáticas.

Sesión informativa e formativa: “Xestión das emocións na adolescencia”

   

    Queremos informar dunha sesión informativa e formativa coa temática principal “Xestión das emocións na adolescencia”.
    Terá lugar no IES Sofía Casanova o mércores 11 de Xaneiro para o alumnado e ás 18:30 para ás familias. 

    As sesións e os posteriores Obradoiros serán conducidos por un grupo de psicólogos.
    Nos obradoiros prácticos poderán participar alumnos a partir de 3º ESO.

             Máis información

TORNEO DE NADAL 2022 de XADREZ do club ENROQUE do IES Sofía Casanova

        GAÑADOR: Alexander Sagradov 2º ESO A

7ª edición de Tecnólog@ por un día

   

   Alumnado do IES Sofía Casanova participou na 7ª edición de Tecnólog@ por un día.

    Nesta actividade o alumando acércase ás profesións dixitais e ten a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral coas empresas do sector TIC en Galicia.

    Esta iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia DigiTalent.

Cine en Ferrol

   

     O pasado venres 16, os alumnos de 3º ESO A (Cultura clásica), 3º ESO C (Oratoria) e 4º ESO C (latín) puideron ver no cine Dúplex (Ferrol) a película Mustang.

    O filme resultou interesante e suscitou debate e reflexión. A actividade foi organizada polo departamento de grego. Os profesores acompañantes foron: Mª Paz López (Orientadora), Andrés Rodríguez (Educación física/vicedirector), Emilio Saldaña (Filosofía/secretario) e Daniel Lagoa (xefe do departamento de grego).

    Parabéns aos alumnos polos seu bo comportamento e grazas ao profesorado pola colaboración!

Distribuir contido


by Dr. Radut