Skip to Content

Bolsas e Axudas

Becas e axudas

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal 2016-2017


 
 

    O día 7 de agosto publicouse no DOG a ORDE do 21 de xullo de 2017 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2016/17.

    No artigo 4 de dita orde establécese que:
       1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 20 de setembro de 2017.
       2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Premios extraordinarios de Bacharelato

   

    O día 4 de maio, publicouse no DOG a Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

    A estes premios pode optar o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o 05/06/2017.

                                       máis información

Axudas para a adquisición de material escolar

   

     Abrese o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

    1-  As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.

    2- Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado nos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos público.

    3- A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

                    máis información e descarga de solicitudes

Publicación das listaxes de axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras

 

     Publicación das listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.3 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 15.2 desta Orde de convocatoria.

    Así mesmo, estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria.

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/2017

   

    Xúntase a Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Actividades de formación en linguas estranxeiras

   

    Publicación das listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.1 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017).

        Correctas        Incorrectas        Fora de prazo         Descartadas

    Estas listaxes, así mesmo, atópanse publicadas na Web do Programa

María Cal recibe o seu galardón como premio extraordinario de bacharelato.


 
 

    O venres, 28 de abril, na Cidade da Cultura, tivo lugar a entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato, FP e Ensinanzas Artísticas.

   Entre os premiados estaba María Cal, alumna do IES Sofía Casanova o curso pasado.

    Despois da entrega de premios, dirixíronse aos asistentes Diego Rancaño, en representación dos alumnos galardoados, Teresa Sebio, directora do IES Sofía Casanova, en representación dos directores, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

  RTVG     La Voz de Galicia     El Correo Gallego     Galicia Hoxe  e europa press fixeronse eco do evento.

        Galería de imaxes

Bolsas de estudos Amancio Ortega

 

     Dous alumnos deste centro, Rodrigo Martín García e  Daniel Yáñez Cao, obtiveron unha bolsa de estudos, concedida pola fundación Amancio Ortega,  para poder cursar o próximo ano academico o primeiro curso de bacharelato nun centro de EEUU ou de Canada.

   A bolsa cubre el 100% do coste do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, tasa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención cunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio o durante os dez meses de estancia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut