Skip to Content

Bolsas e Axudas

Becas e axudas

Axudas para os Campus Científicos vacacionais

 

   Publicada a Resolución de 23 de febreiro de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para participar no Programa "Campus Científicos de Verano" para alumnos de Ensino Secundaria e Bacharelato durante o ano 2017.

        Máis información

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras

   

     Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

    · O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído).

    · A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Premios extraordinarios de bacharelato

 

    O diario oficial de Galicia correspondente ó 24 de outubro ven de comunicar a concesión do premio extraordinario de bacharelato á alumna deste centro, María Luísa Cal Fraga.

   ¡¡¡Parabéns María!!!

 

Axudas á formación en linguas estranxeiras

 

 

     Saíron publicadas as listaxes correspondentes ás axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016. Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web.

     Ábrese un prazo de 5 días naturais (ata o 25 de xuño) para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a seguinte documentación:

1. Aceptación ou renuncia á axuda (anexo III da Orde de convocatoria).
2. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cusos.

     Maís información

Axudas para a adquisición de material escolar

 

    Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

    O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, 18/05/2016, e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

    A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro para o curso 2016-2017.

Máis información e descarga de solicitudes

Premios Extraordinarios de Bacharelato

 

    Véñense de convocar os premios Extraordinarios de Bacharelato que teñen por obxectivo premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Bacharelato.

   O destinatario destes premios é o alumnado que rematase os seus estudos de Bacharelato nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e obtivese unha determinada cualificación media.

   Os alumnos e alumnas que obtivesen un Premio Extraordinario de Bacharelato: recibirán un premio en metálico, exención de pago de matrícula no primeiro curso da Universidadee optarán aos Premios Nacionais de Bacharelato.

Máis información.

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras.

 

   

   Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado 2016.

Publicación das listaxes

   O Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa ven de publicar a lista de alumnos admitidos (Anexo I), pendentes de correccións (Anexo II) e excluidos (Anexo III). Fai clic neste enlace para vela.

Axudas para a adquisición de material escolar

 

    Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

    Saiu publicada a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

    O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut