Saltar navegación.
Inicio

Contrato Programa

VISITA DIDÁCTICA A JEVASO

O alumnado de Economía de primeiro de Bacharelato fixeron este luns 6 de maio unha saída didáctica á empresa Jevaso sita en Arteixo.

Alí puidemos observar o proceso completo do textil: dixitalización de patróns, bancadas, cortado por láser, costura, lavado, pasar o ferro, etiquetado, embolsado,... até o e commerce e xestión de devolucións.

Esta empresa é punteira no sector e traballa con marcas moi coñecidas polo alumnado como as do grupo Inditex, Bimba &  Lola, Mango,...

DÍA DE PI // SEMANA DAS MATEMÁTICAS

Hoxe celebramos o Día de Pi (3/14), Día Internacional das Matemáticas, inaugurando A SEMANA das MATEMÁTICAS do IES VAL MIÑOR, que durará ata o vindeiro xoves 21 de marzo.

Cada ano, a Unión Matemática Internacional, quen lidera o proxecto do “Día Internacional das Matemáticas” (idm314.org), propón un tema para fomentar a creatividade ao redor das matemáticas e estimular a participación. O tema para 2024 é: "Xogando coas matemáticas". De acordo co tema seleccionado este ano, durante os dous recreos de cada día e ata o vindeiro xoves, organizaranse na Biblioteca do centro obradoiros e xogos dirixidos polos nosos monitores: estudantes de 1º e 2º de ESO.

SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES VAL MIÑOR. DO 14 AO 21 DE MARZO

Estamos a organizar a Semana das Matemáticas no IES Val Miñor: Tangrams, pentaminós, cubos soma, torres de Hanoi, tres en raia áureo, pontes de Königsberg e outros labirintos, xogo do prisioneiro etc.

Xa queda pouco para xogar con eles nos recreos do 14 ao 21 de marzo.

Confiamos en que vos divirtades xogando e pensando.

FINAL DO TORNEO DE TENIS DE MESA

Queremos manifestar o noso agradecemento á AD Vincios Tenis de mesa, que permitiu realizar un adestramento aos finalistas e gañadores do torneo do recreo.

BO NADAL

CLICA para mergullarte no ambiente navideño que respirou o centro. A decoración, a música, o talento, a creatividade, as panxoliñas, fixeron que o clima  se convertera nun enxame de elfos, Papa Noeis e sorrisos navideños, poñendo un gran broche final ao 2023 no instituto e así coller folgos renovados  para revisitarnos no 2024. Bo Nadal.

Distribuir contido