Saltar navegación.
Inicio

Curso 2023-24

ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO VISITAN OS CIFP MANUEL ANTONIO E VALENTÍN PAZ ANDRADE

Alumnado de 4º de ESO e o alumnado matriculado en Bioloxía e Anatomía de 1º de Bacharelato visitaron hoxe, 4 de abril, os centros integrados de formación profesional Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade de Vigo. Coñecendo, de primeira man, a oferta dos ciclos formativos destes centros.

CHARLA DE OSCAR MARTÍNEZ sobre o DOBRE GRAO DE BIOLOXÍA-QUÍMICA PARA 1º DE BACHARELATO.

O 22 de marzo, Oscar Martínez, graduado no dobre grao de Bioloxía e Química pola USC, impartiu unha charla ao alumnado matriculado en Bioloxía en 1º de Bacharelato. Coa súa cercanía e os seus grandes coñecementos facilitou os rapaces e rapazas moita información sobre este dobre grao e sobre a vida universitaria. Moitas grazas Oscar e grazas tamén a Nerea por facilitarnos o contacto.

CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.

 O 20 de marzo, a especialista en Nutrición do Centro de Saúde da Xunqueira Marta Losada, impartiu unha conferencia ao alumnado de 3º de ESO sobre alimentación saudable. Na mesma sairon temas tan interesantes como: mitos sobre os alimentos, alimentación e deporte, influenza das redes sociais.... Moitas grazas a Marta por colaborar co noso centro educativo.

CHARLAS DA GARDA CIVIL NO IES dentro do Plan Director.

Durante os meses de febreiro e marzo a Garda Civil impartiu varias charlas ao noso alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre diferentes temáticas: acoso e ciberacoso escolar, delitos de odio, protección da natureza, consumo de alcol e drogas, uso das novas tecnoloxías...

Moitas grazas a Verónica, a persoa encargada de impartilas.

VISITA DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO Á UNIVERSIDADE DE VIGO

 Este luns, 11 de marzo, o alumnado de bacharelato visitou a Universidade de Vigo. Divididos en 4 grupos segundo os seus intereses  foron as facultades de humanidades, ás do ámbito social, científico e tecnolóxico.

DÍA DE PI // SEMANA DAS MATEMÁTICAS

Hoxe celebramos o Día de Pi (3/14), Día Internacional das Matemáticas, inaugurando A SEMANA das MATEMÁTICAS do IES VAL MIÑOR, que durará ata o vindeiro xoves 21 de marzo.

Cada ano, a Unión Matemática Internacional, quen lidera o proxecto do “Día Internacional das Matemáticas” (idm314.org), propón un tema para fomentar a creatividade ao redor das matemáticas e estimular a participación. O tema para 2024 é: "Xogando coas matemáticas". De acordo co tema seleccionado este ano, durante os dous recreos de cada día e ata o vindeiro xoves, organizaranse na Biblioteca do centro obradoiros e xogos dirixidos polos nosos monitores: estudantes de 1º e 2º de ESO.

CÉSAR BONA.

Fotos e vídeo CLICA

O concello e a ANPA do IES Val Miñor fixeron posible que o alumnado de 1º e 2º ESO puidese escoitar a César Bona, ponente de gran prestixio internacional, co que compartimos unha experiencia educativa que non nos deixou indiferentes. Para que? Para aguilloar as mentes en busca de pensamento crítico, curiosidade, motivación, entre outros moitos obxectivos. O seu paso polo centro deixou pegada no alumnado, que esperamos removese  software do seu cerebro, para avanzar e saír da zona de confort.

INTERCAMBIO CON SANT-BRIEUC.

Neste enlace  CLICA , poderás ver fotos deste intercambio entre os centros IES Val Miñor e Sant Brieuc, ubicado na Bretaña francesa.O xoves 14 de marzo, despediuse coas súas caras iluminadas con sorrisos, pensando seguramente na aventura que supón a súa viaxe de estudos á Bretaña francesa, o alumnado de 4ºESO e 1ºBach. Compartirán experiencias que de seguro farán que volvan cunha nova mochila de crecemento persoal e un mellor nivel de francés.

Distribuir contido