Saltar navegación.
Inicio

Curso 2023-24

Resultados do Concurso Odisea 2024

Volvérono facer! Os nosos dous equipos volveron superar cum laude a Odisea deste ano (sorteando os perigos de ciclopes antropófagos ou sereas que enfeitizaban os navegantes con delicias gastronómicas), e unha vez máis temos un equipo no podium da clasificación galega.

Gratulamur vobis opus, insignes discipuli discipulaeque!

Gañadores e gañadoras dos concursos de Nadal 2023

Parabéns a Lucía Doval Leiro, de 1º ESO C, autora da tarxeta de felicitación gañadora, e aos grupos de 1º ESO C e 2º ESO A, que obtiveron ex aequo o premio no concurso de decoración de portas das aulas.

Concurso Odisea 2024

Un ano máis, o IES Val Miñor participa no Concurso Odisea de Cultura Clásica, que nesta edición ten como fío condutor a alimentación en Grecia e Roma. O curso pasado os equipos participantes deixaron o listón moi alto. Serán quen os nosos equipos deste ano de volver meterse arriba de todo na clasificación?

PROGRAMA EDUREFERENTES NO IES VAL MIÑOR PARA O ALUMNADO DE 2ºC-ESO

Hoxe, 9 de xaneiro de 2024 demos comezo ao programa Edureferentes no grupo de 2ºC-ESO.Este proxecto ten como finalidade achegar ao alumnado información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento »

BO NADAL

CLICA para mergullarte no ambiente navideño que respirou o centro. A decoración, a música, o talento, a creatividade, as panxoliñas, fixeron que o clima  se convertera nun enxame de elfos, Papa Noeis e sorrisos navideños, poñendo un gran broche final ao 2023 no instituto e así coller folgos renovados  para revisitarnos no 2024. Bo Nadal.

CONCERTO DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO MATRICULADO EN LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL CO ALUMNADO DO CENTRO JUAN MARÍA.

Hoxe, 19 de decembro de 2023, tivo lugar o primeiro concerto musical entre os centros IES Val Miñor e o Centro Juan María de Nigrán.

Queremos felicitar ao alumnado de 1º de ESO matriculado en linguaxe e práctica musical do IES e, especialmente  a Iago e André do Centro Juan María polo seu bo facer.

O ALUMNADO DE 1º DE ESO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.

 O alumnado de 1º de ESO celebrou o 4 de decembro o día internacional da discapacidade con alumnado de outros centros de Nigrán no pavillón de deportes baixo o lema: " Diferentemente iguais". O grupo de teatro Xermola coa colaboración dos alumnos e alumnas do CEE Juan María representou o conto "todos menos un". Para finalizar todos os asistentes puideron gozar da tradicional chocolatada invitados polo Concello de Nigrán.

SIMULACRO PARA A ACTIVACIÓN DO PLAN DE EVACUACIÓN

Puxemos en práctica o plan de evacuación do noso centro, contando coa inestimable axuda do GES do Val Miñor, que nos aportou un feedback profesional moi valioso. 

Distribuir contido