Skip to Content

Economía

Nutrida e honrosa representación nas Olimpíadas de Economía

equipo do Ies Xoán Montes nas olimpíadas economía 2015

  Licenza Creative Commons

Esta obra de Mª Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Visita didáctica a Inditex

Como vén sendo tradicional, o alumnado de 2º de bacharelato da materia Economía da Empresa e, este ano, parte do de Tecnoloxía Industrial II, visitou a sede de Inditex en Arteixo.

Percorremos as instalacións durante dúas horas, mentres unha das responsables do departamento de Comunicación e Relacións Institucionais nos explicaba todas as fases do proceso que alí se desenvolve, e amablemente resolvía as dúbidas.

A experiencia... enriquecedora!

Alumnado de 2º de bacharelato do IES Xoán Montes de Lugo en Inditex. Curso 2014-2015

Programación do Departamento de Economía Curso 2014-2015

Honrosa participación nas Olimpíadas de Economía de Galicia

Aquí temos aos únicos da provincia de Lugo que se atreveron a participar o mércores 18 de xuño nas V Olimpíadas de Economía de Galicia. De esquerda a dereita: Noelia Meilán Velón, Jaime Domínguez Martínez e José Antonio Vila Moreira, alumn@s de 2º de bacharelato do curso que termina.

Despois de estudar duramente todo o curso e presentarse a selectividade tiñan corda para rato e animáronse a presentarse a outros exames...

Merecen os nosos parabéns polo seu traballo. Recibiron un diploma que acredita que son alumn@s de élite, esperamos que teñan moita sorte nos novos estudos que comezarán proximamente.

 

 

Diplomad@s en solidariedade

E por fin o recoñecemento á ilusión coa que o alumnado de 3º da ESO de PDC e 3º ESO A da materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras participou na actividade do pasaporte solidario.

Temos que agradecer ao voluntario Cristóbal Ramírez que asistise ao noso centro para aclararnos todas as dúbidas e amosarnos todo o proceso dun proxecto tan ilusionante.

Parabéns a todos e a todas por ter sensibilidade e ser solidarios, cualidades que vos fan medrar como persoas.

Premio aos mellores da súa simulación e quintos na final nacional de Young Business Talents

Tras quedar entre os 16 mellores equipos da comunidade galega e por tanto clasificarse para a final, o sábado 5 de abril en Madrid, o equipo JIMMYTHEBODYMILKER logrou quedar entre os 20 mellores equipos (dos 100 da final) e non so iso se non que se impuxeron como os quintos finalistas por beneficio acumulado no concurso-simulador Young Business Talents.

A experiencia foi enriquecedora, non so na final se non desde novembro que empezou o concurso. Puxeron en práctica os conceptos das clases de economía e aprenderon a tomar en equipo decisións e a establecer estratexias segundo os cambios no mercado. Ademais de conseguir dous premios e un diploma.

Clasificados para a final de Young Business Talents!

O equipo JIMMYTHEBODYMILKER, de 2º de bacharelato B e composto por Laura Castro Maira, Jaime Domínguez Martínez, Sara Lópes Temes e Manuel Sánchez Arroyo, foi un dos 16 que se clasificaron en Galicia (e un dos 100 mellores de España) no concurso YOUNG BUSINESS TALENTS, e chegan á final. Esta celebrarase o 5 de abril en Madrid.

Visita a Inditex de 2º de bacharelato

Hoxe xoves fomos facer a visita a Inditex que tiñamos programada, á súa sede en Arteixo, a pesar do vento chegamos sans e salvos e resultou coma sempre unha experiencia moi enriquecedora. Trouxemos unha foto de recordo.

 

Vídeo da final de Valores de Futuro

A nosa participación comeza aproximadamente no minuto 1:08:00

Espíritu emprendedor

Se premedes na imaxe, poderedes ver unha presentación que resume o traballo das alumnas e alumnos do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 3º de ESO que foi seleccionado para a final do Programa Valores de Futuro, a celebrar en Madrid os días 30 e 31 de maio. Parabéns, emprendedores!

espíritu emprendor

Distribuir contido


by Dr. Radut