Skip to Content

Economía

Final do Programa Valores de futuro

30/05/2013 09:00
31/05/2013 23:00
Etc/GMT+1

 

 

A actividade que fora preseleccionada na comunidade galega conseguíu chegar á final do Programa Valores de Futuro e representará a Galicia no evento que se levará a cabo en Madrid o 30 e 31 de maio.

Noraboa emprendedores! entre os tres finalistas da comunidade galega

O grupo de 3º da ESO da materia Obradoiro de Iniciativas emprendedoras realizou unha actividade que presentamos ao concurso Valores de futuro e que foi preseleccionada xunto con outras dúas como as mellores da nosa comunidade. Unha das tres irá a presentar e defender a actividade en Madrid.

A preselección da actividade é por si mesma un recoñecemento e un premio así que... Noraboa emprendedores de 3º da ESO!

No blog Todos temos Voz está reflectida parte da actividade. Podedes ver a foto que sacamos ao traballo final.

Premio na final de Young Business Talents

O equipo Brankia, formado por Jaime Domínguez, Manuel Sánchez e Álvaro Sánchez, non so logrou clasificarse entre os 100 mellores equipos e chegar á final de Young Business Talents, se non que tamén levou un premio de 500 € ao gañar na simulación na que participou na final. Noraboa por partida dobre.

Visita a Inditex

O martes 19 de febreiro acudimos, os alumn@s de 2º de bacharerato da materia Economía da Empresa, como ven sendo case unha tradición, á sede que Inditex ten en Arteixo. Foi coma sempre unha visita moi interesante, asombrosa e didáctica.

Descubrindo as cooperativas

O día 21 de febreiro participamos, o alumnado de 3º e 4º do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, nunha exposición interactiva para coñecer que son as cooperativas, tamén nos falaron de que é o CEI NODUS e os seus servizos como o Espazo Lab. Os alumn@s colgaron posts sobre a actividade nos seus blogs.

 

12 de maio: Día escolar das Matemáticas dedicado á Economía

 O XIII Día escolar das matemáticas está dedicado a explorar a frutífera relación entre Matemáticas e economía. Nun ano onde podemos dicir que son as noticias económicas as que acaparan as portadas dos grandes medios de comunicación… a economía está de moda!
Temos na biblioteca varias novidades para conmemorar este día e que nos servirán para aprender e disfrutar á vez que nos achegamos á economía.

Visita didáctica a Coca cola

 O 16 de febreiro fomos a visitar Coca Cola, na Coruña. Podedes ler un artigo sobre a experiencia AQUÍ

Economía?

Grazas a Eva Boado por cedernos esta presentación.

VISITA A INDITEX E COCA COLA

16/02/2012 00:00
16/02/2012 19:00
Etc/GMT+1

Viaxe organizada polo Departamento de Economía para o alumnado de Economía da empresa de 2º de bacharelato.


 


 



 


Olimpíadas de economía

18/06/2011 11:00
18/06/2011 13:30
Etc/GMT+1

CELEBRACIÓN DAS PROBAS

As probas da IIIª Olimpíada galega de economía realizaranse na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, o 18 de xuño ás 11 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut