AUDICIÓNS NA CASA DA CULTURA (22/12/2023)

Para despedir o 1º trimestre, todo o alumnado  do centro asistíu á Casa da Cultura de Outes, para desfrutar un programa ben interesante:

As entrevistas realizadas polo alumnado de 4º ESO aos "Talentos de Outes" e a interpretación dun Programa preparado para a ocasión polo alumnado de Música de todos os niveis.

O Departamento de Música agradece desde aquí toda a axuda prestada para poder levar a cabo esta actividade, dado que os instrumentos musicais son os da aula; desde o profesorado do centro ata o persoal do Concello encargado de transportalos.

Parabén a toda a rapazada polo seu esforzo e os resultados percibidos! Seguide desfrutando coa MÚSICA!

A por un 2º trimestre cheo de boas sorpresas!

Powered by Drupal - Design by artinet