Actividades realizadas

A ESA VISITA MUROS

Este ano esperando ter un pouco de mellor tempo (meteorolóxico) decidimos retrasar a visita ao Concello viciño, Muros, ata o mes de Abril. A tarde resultou ben entretida grazas as boas e amenas explicacións de María, a técnica de turismo do Concello, sobre o muíño de mareas, os diferentes restos arqueolóxicos que podemos atopar no concello e o museo do mar na conservera de Sel. Como o día resultou ben ventado, non nos quedou outra que facer un pequeno receso na tourneé para tomar un cafe e poder entrar en calor, así que a visita prevista ao casco antigo de Muros viuse un pouco menguada polo tarde que se nos botou. Temos ganas xa da seguinte!!

20 MARS FRANCOPHONIE

O 20 DE MARZO O ALUMNADO DE 2º E 3º DE ESO ORGANIZOU UNHA MOSTRA DE PRATOS FRANCÓFONOS PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA FRANCOFONÍA.

FOI TODO UN ÉXITO.

MÁIS FOTOS NO ENLACE

MERCI À TOUS POUR VOTRE COLLABORATION!

SAÍDA SOGAMA

O luns o alumnado de 2º de ESO realizou unha visita á planta de separación de resíduos de SOGAMA onde van a parar os resíduos de Outes.

 

Alí recibiron formación para a correcta reciclaxe dos diferentes resíduos entre todos os tipos de contenedores existentes en Outes.

 

Tamén puideron realizar unha visita virtual das instalacións e ver as distintas zonas que as compoñen.

Paquetes de resíduos listos para levar ás plantas de reciclaxe

 

Fosas con resíduos que non se poden reciclar.

Agora o alumnado está a preparar un resumo da información recibida para compartir con toda a comunidade de Outes e recordar a todos que o mellor para a reciclaxe e NON TER QUE REALIZALA AO REDUCIR AO MÁXIMO OS ENVASES NO NOSO DÍA A DÍA.

EXCURSIÓN A DOÑANA 3º-4º ESO

A nosa delegación pola loita medioambiental xa está de camiño a Doñana xunto con alumnado do IES Virxe do mar de Noia, no marco do Proxecto Climántica. Agardamos que aprendan moitas cousas sobre a problemática da auga nese espacio natural, para compartilo logo cos seus compañeiros de Outes.

 

ENTROIDO 2024

A galería de mitocerámica

Aquí temos o resultado conseguido polo alumnado de 2ºESO no seu traballo da primeira avaliación. Cada estudante escolleu unha peza cerámica para investigar a importancia desta expresión artística na Grecia antiga. E como un conto sempre se lle botou, tamén aproveitamos os seus motivos decorativos para facer unha contada de mitos gregos na aula. 

    

 

SAÍDA XIMNASIO DE OUTES 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO participou nunha actividade no ximnasio municipal de Outes a cargo de dous monitores.

«Trabaja tu debilidad hasta que se convierta en tu fortaleza»

(pincha aquí para ver máis información sobre a actividade)


Visitamos o estaleiro do Ciprián

 

Visitamos o estaleiro do Ciprián para dar a coñecer como se construían embarcacións nesta carpintaría de ribeira do noso concello. O alumnado de 2ºESO atendeu as explicacións dadas sobre o espazo, os seus distintos usos, as ferramentas e tipos de embarcacións producidas neste local, que foi un de moitos do litoral outense. Ser consciente do que temos é o primeiro paso para valorar a importancia da súa conservación e preservar este espazo tan especial para a cultura mariñeira. Esta saída didáctica foi organizada conxuntamente polos departamentos de Historia e Lingua Galega.

 

 

 

 

 

 

Obradoiro de lacrado de documentos

 

Nas aulas de 3ºESO realizamos un obradoiro de lacrado de documentos para dar a coñecer a importancia que tivo esta prática na Historia. Aprendemos que o lacre se elaborou inicialmente con cera de abella e tiña unha tonalidade verdeamarela. Só, posteriormente, incorporou na súa fórmula esencia de trementina e pigmentos minerais como o cinabrio, que acabaron por darlle a súa típica cor vermella. A función principal do lacre era fechar cartas importantes ou carimbar documentos oficiais. Normalmente presentaban motivos heráldicos ou institucionais. A partir da abertura do comercio con América multiplicouse o seu uso durante toda a Idade Moderna.

Como o alumnado está a estudar as exploracións xeográficas desa época, aproveitamos para lacrar o diario de a bordo dalgún dos navegantes deste período sobre o que previamente traballaron.

 

 

SAÍDA AO ROCÓDROMO-4ºESO

O alumnado de 4º ESO iniciouse o pasado luns 6 de novembro na escalada no rocódromo de Santiago nunha actividade organizada polo Departamento de Educación Física.

 

 

«Llegar a la cima es opcional, bajar es obligatorio». (pincha no enlace para máis información)

Powered by Drupal - Design by artinet