Dinamización L. Galega

HOXE 30 DE ABRIL É O DÍA PAMPALLÍN

 

Hoxe, 30 de abril, é o Día do Pampallín.

O EDLG está a desenvolver un proxecto multidisciplinar e interxeneracional que pretende recuperar a memoria e revalorizar esta festa tradicional de Outes, de grande riqueza cultural.

30 DE ABRIL, DÍA DO PAMPALLÍN

 

Hoxe, 30 de abril, é o Día do Pampallín.

O EDLG está a desenvolver un proxecto multidisciplinar e interxeneracional que pretende recuperar a memoria e revalorizar esta festa tradicional de Outes, de grande riqueza cultural.

DÍA DE ROSALÍA 2024

O venres 23 de febreiro conmemoramos, un ano máis, a figura de Rosalía de Castro. Para celebralo puidemos gozar de diferentes actividades ao longo da mañá.

LETRAS GALEGAS 2023: Francisco Fernández del Riego

 

Este ano celebraremos o fin das medidas Covid, xuntándonos co alumnado do CEIP Pluringüe de Outes,  antigo centro de ensino da maioría da rapazada que actualmente cursa estudos no IES Poeta Añón. 

Unha gran festa da cultura galega na que, ademáis dunha homenaxe á figura de Fernández del Riego, os xogos populares e por último unha gran foliada, serán as actividades centrais desta xornada das Letras. 

Cantigas como a Rianxeira, Catro vellos mariñeiros ou xotas e muiñeiras coma a de Chantada, serán cantadas e bailadas por todas as crianzas e rapazada que o desexe, partindo do traballo que se estivo a realizar desde as aulas de música do CEIP e IES e coa axuda dun Cancioneiro que elaborou Lino García Novo, do Departamento de TICS.

 

Agradecer tamén ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP toda a súa implicación  e o traballo organizativo para que esta xuntanza poida materializarse o próximo martes 16 de maio, de 11 a 13:30 h.

O cartaz desta edición foi deseñado e realizado pola alumna de 4º ESO Antía Luhía Carballo.

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

________________________________________________________________________

Compartimos momentos ben bonitiños:

 

 

________________________________________________________________________

 

 

 _

 

Aquí podedes consultar a biografía. de Fernández del Riego.

Tedes tamén dispoñibles os seguintes vídeos publicado pola Real Academia Galega.

 

 

 

 

 

 

 

 


 

DÍA DE ROSALÍA 2023

No IES desfrutamos este xoves 23 de febreiro, día do Aniversario da nosa poetisa, cunha variada proposta de actividades para a totalidade do alumnado de ESO que se desenvolveron no patio interior durante as dúas últimas sesións. Tamén houbo agasallos, coma as bolsas de Rosalía, cortesía do Concello de Outes.

 

 

 

 

 

 Ademáis puidemos degustar o Caldo de Gloria feito desde a Cafetería, coa axuda de Rosi Hermo e a colaboración do alumnado do noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Caldiño que soubo a GLORIA (con boliños do pote ben sabedores)!

Compartimos algunhas das instantáneas tomadas durante a mañá:

 

 

 

21 DÍAS CO GALEGO E MAIS

 Neste espazo tedes á vosa disposición os audiovisuais elaborados en anos anteriores e os que están publicando agora os 12 centros participantes nesta V edición, que botou a andar o pasado 24 de xaneiro:  21 DÍAS CO GALEGO E MAIS

 

Deixamos aquí o 16:"Acción polo clima"

 

PREMIO DE ORATORIA en Lingua Galega

 A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o I Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria —da que o escritor ourensán foi un mestre—, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

 

O CAMIÑO FRANCÉS: CURTAMETRAXE

Curtametraxe de animación 3D en que os entrañables personaxes creados por GOGUE para a tira cómica do Faro de Vigo hai máis de 30 anos percorren a parte galega do Camiño Francés, desde Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela.

 

2 DE FEBREIRO, DÍA DA CANDELORIA

Onte foi 2 de febreiro, o Día da Candeloria.

 

A profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e membro do EDLG, María Penalta, levou a cabo co seu alumnado unha exposición coas máis recoñecibles especies de paxaros da nosa contorna.

Powered by Drupal - Design by artinet