Dinamización L. Galega

2 DE FEBREIRO, DÍA DA CANDELORIA

Onte foi 2 de febreiro, o Día da Candeloria.

 

A profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e membro do EDLG, María Penalta, levou a cabo co seu alumnado unha exposición coas máis recoñecibles especies de paxaros da nosa contorna.

VIDEOPOEMA "A CÁMARA LENTA"

O videopoema realizado por Seispés Producións Creativas titulado "A CÁMARA LENTA", foi seleccionado para formar parte do Festival REELpoetry HoustonTX 2023, de Houston (Texas)

 

Unha sorte que a poesía de Rosalía Fernández Rial cruce o Atlántico para que desfruten co seu recitado!

A música foi composta para acordeón por María Álvarez Santiago, e ela mesma a interpreta neste videopoema.

 

Esperamos que gostedes!

CONCURSO DE VIDEOPOEMAS: Rosalía e Manuel María

Este certame, que convoca a Casa-Museo Manuel María, está dirixido ao alumnado a partir da ESO e até segundo de Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos.

O prazo de preinscrición dos centros que desexen tomar parte finaliza o día 19 de marzo.

 

Para máis información:  Bases

LETRAS GALEGAS 2023 - Francisco Fernández del Riego

 

A figura homenaxeada este ano 2023 é Francisco Fernández del Riego:

SOPHIAS

 

Serie web de ficción realizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para divulgar a figura e as ideas de mulleres filósofas ao longo da historia.

Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato

 

 

Este Premio ten coma obxecto contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.

CONSULTA AS BASES AQUÍ.

 

ATLAS DE EUROPA

 

 

Este ATLAS DE EUROPA en PDF de X. C. Macía Arce e F.X. Armas Quintá é unha práctica ferramenta didáctica destinada á aprendizaxe da xeografía de Europa.

Podes descargalo AQUÍ.

A PALABRA DO ANO

Escribo para "non olvidare as penas dalgunhas mulleres"

Non queremos que ningunha muller cante "para olvidar as penas que leva dentro". 

Dicimos NON a CALQUER TIPO DE VIOLENCIA.

Hoxe, 25 de novembro, dicimos NON á VIOLENCIA DE XÉNERO!

Rozalén, Tanxugueiras - A Virxe Do Portovello (Video Oficial)

CORTO: A ORIXE DA NOSA LINGUA GUAPA

 

 

Neste corto, os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía (Moraña, Pontevedra) convertéronse en actores e actrices:

Powered by Drupal - Design by artinet