Dinamización L. Galega

MÚSICA MEDIEVAL "MADE IN GALICIA"

AQUÍ podedes escoitar os temas do disco Treides Comigo, onde o compositor e cantante Xoán Curiel musicalizou varias cantigas medievais compostas por trobadores galegos vencellados dalgún xeito a autores dos lugares polos que transcorre o Camiño de Santiago.

Xunto coa cantante e filóloga Iris Gey, realizou unha revisión e unha abordaxe contemporánea das cantigas medievais galegas para crear este novo traballo discográfico.

 

CONCURSO DE CARTAS: "Dillo a quen maltrata"

  

Premios:

1º premio: Tablet 10,4” 32GB valorada en 259,00 €

2º premio: Tablet 10,1” 32GB valorada en 169,00 €

3º premio: Lector de libros tinta electrónica 6” 8GB valorado en 119,00 €

 

O prazo para a presentación das cartas estará aberto ata o 3 de novembro de 2022.

HOXE, 26 DE SETEMBRO: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

 

SOMOS PLURILINGUES: A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias.

 

Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase cada 26 de setembro o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.

 

O FESTIVAL MARÉ: Este ano, Política Lingüística celebra esta data desde a véspera co festival Maré, cunha serie de concertos que buscan emocionar, descubrir e informar da importancia e o potencial dunha sociedade multicultural, así como fomentar a diversidade lingüística e o entendemento intercultural con actuacións musicais de todo o mundo.

 

ESCÓITAOS: Artistas de representación galega como a cantautora Antía Muíño e o grupo Peña; de ámbito estatal como a asturiana Silvia Quesada, a donostiarra Olatz Salvador e a catalá Paula Grande; e internacionais como Dj Panko, un dos picadiscos máis representativos da Barcelona mestiza, o compositor e intérprete de Guiné-Bissau Mû Mbana e o brasileiro grupo Pietá destinadas a encher as distintas localizacións da capital galega de música de moi distintos estilos.

GalEmosións: Concurso de mensaxes con imaxes

Tedes ata o 15 de xuño para enviar as vosas propostas de fotografías cunha mensaxe que faga alusión á emoción que vos esperta.

Xa chegaron algunhas ben interesantes!

BASES:

 

1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o I CONCURSO DE MENSAXES CON IMAXES "GalEmosións"

2. Poderá participar todo o alumnado do IES Poeta Añón, cun máximo de dúas fotografías, que deberán estar editadas cunha mensaxe en lingua galega ou reflexión alusiva á emoción que provoquen. 

3. A temática é libre, mais a organización resérvase o dereito de non aceptar aquelas fotografías e mensaxes que resulten denigrantes ou moralmente rexeitables.

4. As fotografías editadas enviaranse ao correo electrónico edlgiespoetaanon@gmail.com antes do mércores 15 ás 20:00 horas.

5. Otorgaranse 5 Premios que consistirán en vales de cafetaría por valor de 6€, para desfrutar durantes os días 20, 21 e 22 de xuño.

6. Os/as autores/as dos traballos presentados autorizan ao IES Poeta Añón para que todas as súas obras sexan expostas de xeito dixital empregando a TV do patio interior. Asimesmo, as obras gañadoras serán impresas e expostas na cafetaría do instituto durante un período de tempo máis extenso.

VÍDEO CONXUNTO CEIP E IES DE OUTES!!!!!!!!

SI, ENTRE O COLE E O INSTI DE OUTES FIXEMOS UN VÍDEO PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!Risa

 

 

-QUÉROTE... -Y YO TAMBIÉN TE QUIERO. Os prexuízos na realidade do bilingüismo

  1. Aprender a falar en varias linguas á vez fai que se falen mal.

  2. Falarlles ás criaturas en varias linguas cáusalles trastornos na intelixencia e na personalidade.

  3. Aos bebés é mellor falarlles castelán.

  4. Os nenos e nenas pequenos deben aprender a ler e a escribir só a través do castelán.

  5. Os monolingües obteñen mellores resultados escolares ca os bilingües.

  6. Ter varias linguas (na casa, nun país, no sistema educativo) é unha anormalidade.

  7. Dicir cousas como «Onte choveu abondo pero hoy ya no va a llover» é falar mal.

  8. Só é bilingüe quen fala perfectamente dúas linguas.

  9. Falar unha lingua con acento doutra é falala mal.

 

Xoán Paulo Rodríguez Yáñez, aborda estes e outros prexuízos sobre o bilingüismo no seu traballo, “PARA RAROS OS MONOLINGÜES – Unha pequena introdución ao bilingüismo” (íntegro AQUÍ):

“O cerebro humano posúe capacidade para dar cabida a dezaseis linguas enteiras, completas”, así que “o noso cerebro está, como sabemos, amplamente infrautilizado”

 

Nenas-Mulleres-Cativas-Raparigas

Aproveita estas datas para empatizar con moitas mulleres; entra no Portal das palabras:

DÍA DE ROSALÍA 2022

Este mércores 23, celebraremos no IES Poeta Añón o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Ademáis da lectura pública dunha escolma de poesías da autora, o alumnado do centro realizará outras interesantes actividades e pecharase o acto festivo co canto conxunto de "Adiós ríos, adiós fontes", coa coñecida  musicalización que fixo deste poema Amancio Prada.

TANXUGUEIRAS: Actuación da semifinal

Vólvete a emocionar coa actuación de Tanxugueiras de onte, na semifinal do BenidormFest. 

Este sábado todxs con elas!!

Powered by Drupal - Design by artinet