Dinamización L. Galega

CONCURSO: que sabes de FRANCISCO AÑÓN?

Para seguir coñecendo mellor ó poeta que dá nome ó noso centro, a biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística invítanvos a participar no concurso:

QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?

 

Estas son as bases:

  • Pode participar todo o alumnado de ESO diurno de xeito individual ou por parellas.
  • Cada día ás 10.10, aparecerá na porta da biblioteca unha pregunta relacionada coa vida, obra ou a época do Poeta Añón. Disporedes de 24 horas para atopar a resposta (consultando os paneis expostos no patio do IES, os trípticos sobre o autor ou as distintas fontes de información dispoñibles na biblioteca) e depositala na furna que hai ó carón da porta da biblio. Ó día seguinte publicarase a solución e tamén unha nova pregunta.
  • Serán un total de 5 preguntas. Con cada acerto acádase 1 punto.
  • De existir un empate entre varios participantes, estes seguirían concursando con máis preguntas ata ter un gañador.
  • O premio consistirá nun LIBRO ou nun CD musical a escoller polo equipo finalista.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

OS POEMAS DE AÑÓN

Xa que andamos metidos de cheo no programa de actividades conmemorativas do BICENTENARIO do nacemento de Francisco Añón, non vén nada mal achegarse ós seus versos. Xa sabemos que a poesia non é "santo da vosa devoción" pero tedes que intentalo e veredes como levades unha grata sorpresa.

Para que o teñades máis doado, ofrecémosvos unha pequena escolma dos seus poemas nas tres linguas en que escribiu .

QUE A GOCEDES!

Día das Letras Galegas 2013

A Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas 2013 á figura de Roberto Vidal Bolaño. Coñecido pola súa actividade teatral, tamén o podes lembrar por participar en diversas series televisivas, como Mareas vivas. Aquí tes información sobre este dramaturgo.

Concesión do premio Antonio Fraguas

O día 29 de xuño foron entregados os premios da VIII edición dos Proxectos didácticos Antonio Fraguas. Na sala Baltar do Museo do Pobo Galego os responsables dos centros gañadores recolleron o premio, dotado con 7000 € para desenvolver o proxecto presentado. Os gañadores:

Modalidade de primaria: "Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, patrimonio inmaterial", do CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño (Pontevedra)

Modalidade de secundaria: "Outear", do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña).

COÑECES A VALENTÍN?

Este foi o título da orixinal presentación que SERAFÍN MARCOS fixo da vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas:

VALENTÍN PAZ ANDRADE.

VISITA Ó CRD de VALADARES

Nesta semana das Letras Galegas, o alumnado de 2º de ESO tivo ocasión de visitar o Centro de Recursos para persoas Discapacitadas (CRD)

de Valadares - Outes-.

Valentín Paz Andrade: Día das Letras galegas 2012

Os actos do Día das Letras Galegas do 2012 honrarán o labor de Valentín Paz Andrade. Home polifacético, traballou de avogado, foi experto en temas pesqueiros, xornalista, político, ensaísta e poeta. Tes máis información del no arquivo adxunto. Tamén podes aprender xogando nesta ligazón.

Olalla Tuñas entrevista a Isabel Allende

Aquí podedes ler unha entrevista feita á escritora chilena Isabel Allende. Que ten de especial? Que a podedes ler en lingua galega e que foi realizada por Olalla Tuñas, ex-alumna do IES Poeta Añón. A nosa noraboa a Olalla por este traballo.

    

Premio europeo para unha serie galega

A serie galega Matalobos consegue o premio á Mellor Ficción de Televisión en Europa, un galardón internacional no que competían preto de 200 producións procedentes de 23 países. Podes saber máis se visitas esta ligazón.


Bicentenario do nacemento de Francisco Añón

Francisco AñónO ano 2012 vaise celebrar o Bicentenario do nacemento de Francisco Añón, ocasión que debemos aproveitar para afondar no coñecemento da súa vida e da súa obra. Para comezar, este curso os calendarios que se distribuirán a todo o alumnado dos centros escolares do concello van levar este lema: Bicentenario de Añón (1812-2012)

Powered by Drupal - Design by artinet