VISITA Ó CRD de VALADARES

Nesta semana das Letras Galegas, o alumnado de 2º de ESO tivo ocasión de visitar o Centro de Recursos para persoas Discapacitadas (CRD)

de Valadares - Outes-.

Non é a primeira vez que o noso centro realiza actividades conxuntas con eles e, unha vez máis, déronnos a todos unha lección de tesón, de traballo e de "querer é poder". Tras compartir connosco un vídeo con tódalas actividades que levaron a cabo durante este ano (viaxes, excursións, obradoiros, peregrinación a Compostela,pesca...), asistimos a unha representación teatral inspirada no "CATECISMO DO LABREGO"  de Valentín Lamas Carvajal e a un recital de poemas de Francisco Añón.

Posteriormente, os monitores do centro abríronnos as portas das instalacións para que puidésemos coñecer os distintos espazos con que conta o centro, entre eles os obradoiros de cestería e cerámica.

Podedes ver as fotos dos diferentes momentos da visita na presentación (é recomendable facelo en pantalla completa).

Alegrámonos moito tamén de ver alí e saúdar a catro ex-alumnos do IES: Javier, Rubén, Martín e Oscar. 

Grazas ó Centro Cultural de Outes e ó persoal do CRD de Valadares por facer posible esta enriquecedora visita!

 

Powered by Drupal - Design by artinet