Música

VALORES ÉTICOS PROGRAMACIÓN 3º ESO

MÚSICA PROGRAMACIÓN 4º ESO

MÚSICA PROGRAMACIÓN 2º ESO

MÚSICA PROGRAMACIÓN 2º ESO

CONCERTO DE PABLO CARPINTERO e ROSA SÁNCHEZ

O alumnado de música de 2º e 4º ESO tivo hoxe a oportunidade de acudir a un concerto didáctico, dentro da Programación "Compostela Cultura".

A proposta de hoxe titulada MÚSICA E EVOLUCIÓN, foi protagonizada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, referentes no mundo da investigación da música galega. 

O tema central deste concerto didáctico foi a explicación da dimensión "biolóxica" da música: a información aportada polo biólogo Pablo Carpintero fainos capaces de comprender a función da música na sociedade e a importancia desta dende un punto de vista biolóxico. A interpretación dos dous músicos, maxistral.

Día para rememorar, sen dúbida.

 

Agradecemos desde o Departamento de Música do IES Poeta Añón, que desde Compostela Cultura se ofreza este tipo de información tan significativa para a rapazada. Convidámosvos a desfrutar con este vídeo, onde poderedes atopar, a grandes rasgos, o espectáculo ofrecido hoxe no Auditorio de Galicia.

 

 

O alumnado tamén puido acudir á exposición "SEMPRE MÁIS. ARTE, ECOLOXÍA E PROTESTA NA GALIZA".

Trata de reflexionar sobre a necesidade de seguir xuntando a defensa da democracia e a da ecoloxía. A partir do Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra, que leva acompañando os legados do Nunca Máis dende o ano 2017, e grazas a unha rede extensa de artistas, investigadoras, activistas e compañeiras, este proxecto colectivo busca abrir preguntas incómodas, imaxinar mundos e partillar loitas.

 

 

Concerto "Xogo de espellos", no Auditorio da Galicia

 

O alumnado de música de 3ºESO e 4º ESO asistiu onte ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, para desfrutar da proposta "Xogo de Espellos", onde participaban a Orquestra Real Filharmonía de Galicia , Rubén Iglesias ao baixo e Javier Otero, compositor da música, ademáis de pianista.

Esta proposta é o novo traballo de Javier Otero, que leva por nome "Saraiba", para piano e electrónica xunto coa Real Filharmonía de Galicia.

Nestas imaxes aparece a rapazada posando nas salas da exposición "SEMPRE MÁIS. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige", no mesmo edificio do Auditorio:

 

 

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA o 24 de febreiro de 2023

Ao día seguinte da celebración do Día de Rosalía, o alumnado de Música de 2º ESO e 4º ESO terán a oportunidade de acudir ao concerto de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, baixo o título "Música e evolución".

 

Aquí se pode consultar a información sobre esta proposta.

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA o 2 de febreiro de 2023

O alumnado de Música de 3º e 4º ESO desfrutará dun concerto no Auditorio de Galicia. Leva por título "XOGO DE ESPELLOS. UNHA OLLADA A TRAVÉS DA MÚSICA ELECTRÓNICA".

 

Unha proposta interesante!

Aquí podedes consultar a info do concerto.

AUDICIÓNS NA CASA DA CULTURA (22/12/2023)

Para despedir o 1º trimestre, todo o alumnado  do centro asistíu á Casa da Cultura de Outes, para desfrutar un programa ben interesante:

As entrevistas realizadas polo alumnado de 4º ESO aos "Talentos de Outes" e a interpretación dun Programa preparado para a ocasión polo alumnado de Música de todos os niveis.

O Departamento de Música agradece desde aquí toda a axuda prestada para poder levar a cabo esta actividade, dado que os instrumentos musicais son os da aula; desde o profesorado do centro ata o persoal do Concello encargado de transportalos.

Powered by Drupal - Design by artinet