DÍA DE ROSALÍA 2024

 

O venres 23 de febreiro conmemoramos, un ano máis, a figura de Rosalía de Castro. Para celebralo puidemos gozar de diferentes actividades ao longo da mañá.

Empezamos coa lectura da manifesto AELG para continuar cun recital de cantigas populares recollidas en Outes e zonas de ao redor, que nos recitaron algúns compañeiros e compañeiras de 3º ESO.

Despois, alumnado de 1º e 2º ESO dramatizou o poema "Miña casiña, meu lar" e ao rematar puidemos asistir a unha divertida actuación do coñecido grupo de Outes A Tajea. 

Ao rematar o concerto houbo unha carreira de sacos "poética", na que os e as participantes tiveron que compoñer uns poemas da poetisa homenaxeada. Tras a emocionante e esgotadora carreira prestou degustar un rico caldo de Gloria que Rosi, coa axuda do alumnado de 3º ESO, cociñou ao longo da mañá. 

 

 

AdxuntoTamaño
CARTEL COAS ACTIVIDADES DO DÍA DE ROSALÍA 2024.pdf1.26 MB
1. FACENDO O CALDO DE GLORIA.jpg2.69 MB
2. RECITAL DE CANTIGAS POPULARES RECOLLIDAS EN OUTES.jpg188.8 KB
3. DRAMATIZACIÓN MIÑA CASIÑA, MEU LAR.jpg1.61 MB
4. DRAMATIZACIÓN MIÑA CASIÑA, MEU LAR 2.jpg1.65 MB
5. ACTUACIÓN AS TAJEAS.jpg2.07 MB
6. ACTUACIÓN AS TAJEAS 2.jpg2.01 MB
7. ALUMNADO ASISTINDO ÁS ACTUACIÓNS.jpg3.26 MB
8. CARREIRA DE SACOS POÉTICA 1.jpg232.67 KB
9. CARREIRA DE SACOS POÉTICA 2.jpg182.08 KB
10. CARREIRA DE SACOS POÉTICA 3.jpg190.16 KB

Powered by Drupal - Design by artinet