LETRAS GALEGAS 2023: Francisco Fernández del Riego

 

Este ano celebraremos o fin das medidas Covid, xuntándonos co alumnado do CEIP Pluringüe de Outes,  antigo centro de ensino da maioría da rapazada que actualmente cursa estudos no IES Poeta Añón. 

Unha gran festa da cultura galega na que, ademáis dunha homenaxe á figura de Fernández del Riego, os xogos populares e por último unha gran foliada, serán as actividades centrais desta xornada das Letras. 

Cantigas como a Rianxeira, Catro vellos mariñeiros ou xotas e muiñeiras coma a de Chantada, serán cantadas e bailadas por todas as crianzas e rapazada que o desexe, partindo do traballo que se estivo a realizar desde as aulas de música do CEIP e IES e coa axuda dun Cancioneiro que elaborou Lino García Novo, do Departamento de TICS.

 

Agradecer tamén ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP toda a súa implicación  e o traballo organizativo para que esta xuntanza poida materializarse o próximo martes 16 de maio, de 11 a 13:30 h.

O cartaz desta edición foi deseñado e realizado pola alumna de 4º ESO Antía Luhía Carballo.

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

________________________________________________________________________

Compartimos momentos ben bonitiños:

 

 

________________________________________________________________________

 

 

 _

 

Aquí podedes consultar a biografía. de Fernández del Riego.

Tedes tamén dispoñibles os seguintes vídeos publicado pola Real Academia Galega.

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet