HOXE, 30 DE ABRIL, É O DÍA DO PAMPALLÍN!

 

Hoxe, 30 de abril, é o Día do Pampallín.

O EDLG está a desenvolver un proxecto multidisciplinar e interxeneracional que pretende recuperar a memoria e revalorizar esta festa tradicional de Outes, de grande riqueza cultural.

Con este proxecto pretendemos espertar no alumnado o interese pola cultura galega e as súas tradicións. Tamén fomentar a relación entre o alumnado e os maiores, facéndolles ver que estes últimos son unha fonte de información cultural. Do mesmo xeito, tamén queremos facer ver ás xeracións máis vellas que, grazas a eles, temos un patrimonio propio do que forma parte a lingua e que nós debemos valorar e así contribuír a manter e, se cabe, aumentar o seu uso en tódolos aspectos.

Esperamos que este proxecto sirva ás novas xeracións para coñeceren o seu pasado e así poder tecer o seu futuro.

As actividades que fomos desenvolvendo co alumnado de 1ºESO e 2ºESO foron as seguintes:

  1. Un traballo de campo que consistiu en diversas entrevistas feitas polo alumnado aos seus maiores para recolleren información sobre este rito e para saberen como se celebraba outrora.

  2. A recreación e fotografado no centro escolar de diferentes escenas do Pampallín.

  3. A posterior selección dalgunhas desas fotografías para, en colaboración co Concello de Outes, elaborar unhas postais que se repartirán polo pobo, nos comercios locais e arredores.

  4. Unha xornada de convivencia co CEIP de Outes no que o alumnado de 2ºESO foi contar como foi o traballo que realizaron, que aprenderon e a súa experiencia.

     

Aquí vos deixamos unhas fotografías das diferentes actividades. Esperamos que vos gusten!

 

 

 

 

 Se queres ver ou descargar as postais que fixemos coa colaboración do Concello de Outes, accede a esta ligazón:

 

https://drive.google.com/drive/folders/1UGGrlaRGjj90GrX1CbNJBfFshTyX6GGr?usp=sharing

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet