PROXECTOS ECOLÓXICOS DO IES POETA AÑÓN

O noso centro está inscrito para este curso 2023-2024 en dous proxectos ecolóxicos para o que precisamos a axuda de toda a comunidade educativa:

  • O proxecto Pilabot que consiste na recollida de todo tipo de pilas que logo serán entregadas para o seu correcto tratamento. O noso obxectivo é concienciar ao noso alumnado da importancia de evitar que estes tipos de contaminantes terminen onde non deben. Ademais o proxecto premia aos centros que máis pilas consigan. Así que..... A XUNTAR PILAS!!!!
  • O proxecto  "generación eco" creado por ecovidrio para avanzar na formación da xuventude no camiño da sostibilidade. Para saber máis pincha no cadro.

O noso obxectivo será o de conscienciar sobre a necesidade de reciclar e reutilizar os materiais non orgánicos.

Para iso seguiremos dúas propostas de traballo:

  • A reciclaxe e reutilización do vidrio e do plástico no centro e na contorna

Propostas de traballo na aula

  • A realización de disfraces ecolóxicos de entroído

 Para rexistrar os nosos retos, temos que seguir uns pasos:

  1. Presentar a idea a nosa clase
  2. Acordar un reto relacionado cos eixes de traballo
  3. Rexistrar o reto na web de Generación eco
  4. Poñerse a traballar

 Enlace a exemplos de retos doutros centros

 O PROFESORADO INTERESADO EN PARTICIPAR CUN GRUPO DE ALUMNOS/AS SO TEN QUE AVISAR EN XEFATURA PARA RECIBIR OS CREDENCIAIS QUE LLE PERMITAN ACCEDER A TODOS OS CONTIDOS DA WEB DE GENERACIÓN ECO.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet