INFORMACIÓN SOBRE O RADON

Desde o equipo directivo decidimos crear esta páxina para manter informada á comunidade educativa sobre a problemática xurdida coas concentracións de gas radon no IES.

En primeiro lugar unha aclaración:

Os valores da concentración de gas radon medidos nas aulas do alumnado non alcanzan valores preocupantes.

Ademais, pensade que para detectar os focos de gas as medidas foron realizadas con todas as instalación pechadas, polo que os valores ordinarios co IES funcionando serán inferiores.

Esto non evita que consideremos que existen acumulacións na planta baixa que deben de ser reducidas e, nesta liña, decidimos actuar para chamar a atención da Consellería recurrindo aos medios de comunicación. A idea desta campaña era conseguir unha actuación responsable por parte das autoridades e non alarmar, como penso que entendeu a maior parte da comunidade educativa.

Co ánimo de informar, aquí poderedes atopar as cartas enviadas ás familias, as iniciativas tomadas, algún enlace de interese relacionado co tema e cal é a situación actual.

 

ACTUACIÓNS

31-01-11 Enviamos á Xefa Territorial de A Coruña un escrito no que se presenta un resumo das medidas tomadas no IES e se solicita unha rápida intervención.

03-02-11 O sindicato CIG-Ensino, a iniciativa do IES Poeta Añón, solicita á Consellería de Educación que faga públicos os informes que ten no seu poder sobre o gas radon en 58 centros  e actúe en todos aqueles que sexa preciso.

16-02-11 En conversa telefónica a Xefa Territorial comunica que tras manter unha reunión cos responsables do Laboratorio de Análise de Radiacións (LAR), autores das medidas, trasladou instrucións a Unidade Técnica que se encarguen de realizar un estudo para solucionar o problema do IES.

      Reportaxe emitida en canalriasbaixas o 16 de febreiro : enlace

17-02-11 O Equipo de Construcións da Secretaría Xeral Técnica realiza un estudo no IES para buscar o método máis apropiado para eliminar as concentracións de gas nos baixos do IES, que son as causantes do problema según coinciden todas as opinións dos técnicos consultados.

24-02-11 Nas dependencias da Consellería de Educación o Secretario Xeral Técnico informa persoalmente ao Director do IES e ao Alcalde de Outes que xa ten preparado un informe técnico, coa conseguinte dotación económica, para actuar sobre os baixos do IES en canto se adxudique a obra.

Tamén se compromete a que se realizarán novas medidas da concentración de gas para verificar que as obras producen os resultados esperados.

A dia de hoxe parécenos que os pasos dados son os correctos e que a intervención será inmediata. En todo caso actualizaremos a páxina coas novas que se produzan.

27-02-11 Publicación na voz de Galicia da actuación comprometida polo Secretario Xeral. enlace

18-03-11 Comenzan as obras para ventilar os baixos do IES.

19-03-11 Emisión en V televisión dunha reportaxe na que se recolle o comenzo das obras. enlace

26-03-11  O radon é recoñecido como un problema a solucionar e aparece como tema de debate en numerosos foros. No seguinte enlace tedes a información publicada no diario EL Pais. enlace

09-05-11 Unha vez finalizadas as obras colocamos os medidores da concentración de radon durante o fin de semana e entregámolos no LAR de Santiago para o seu analise.

30-05-11 Comunícasenos que as dependencias do centro presentan unha concentración de radon inferior aos 400 becquerel/m3 considerados como límite aceptable para vivendas xa construídas. Só dous puntos superan ese valor: os vestiarios e a sala de audiovisuais.

Durante o mes de xuño estanse a realizar actuacións sobre esas zonas

 

 

Carta ás familias, 08-02-11 :  enlace                          Carta ás familias, 25-02-11 :  enlace

 

Laboratorio de Análise de Radiacións : enlace 

Powered by Drupal - Design by artinet