FOTOS E RESULTADOS DA VI SEMANA GASTRONÓMICA -edición 2012-

A 6ª edición do Concurso Gastronómico IES Poeta Añón, prolongada ata o 24 de abril, vén de rematar coa participación de 25 pratos (tanto doces como salgados) que nada teñen que envexar ás creacións dos grandes chefs do país. Para os que non pudéstedes compartir con nós a degustación -na que se valorou o sabor e a presentación-  aquí vos deixamos unha mostra dos manxares elaborados por alumnado, familias, profes e persoal non docente aos que lles agradecemos a colaboración.

Esperamos que as fotos vos fagan a boca auga e vos animen a participar na convocatoria do vindeiro ano!!



Ah! e para quen teña curiosidade, estes foron os gañadores:

  • CATEGORÍA PRATOS SALGADOS:  

             1º PREMIO: "Pementos recheos" ( Alba Lado Caamaño -3ºB)

             2º PREMIO: "Rape á laranxa" ( Manuela -profe-)

             3º CLASIFICADO: "Empanada de algas, atún e mexillóns" ( Mª Carmen Sánchez Sánchez -EPA)

  • CATEGORÍA PRATOS DOCES

             1º PREMIO: "Torta de froitas" (Francisco Bouzas Torea -2ºA)

             2º PREMIO: " "Torta primavera" (Lucía Cao García -1ºA)

             3º CLASIFICADO: "Torta Ferrero Rocher" (María Sacido Gosende - 4ºA)

 

Lembrade que tódalas receitas participantes serán recollidas nun libriño que esperamos poder repartir en canto saia da imprenta.

Powered by Drupal - Design by artinet