II FEIRA DO LIBRO USADO no IES

Co gallo de festexar o mes das Letras, do 21 ao 23 de maio terá lugar no patio central do noso centro a II Feira do Libro Usado .

Trátase dunha invitación a tódolos membros da comunidade escolar (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) a intercambiar libros que teñamos na casa (e non queramos conservar) por outros expostos na feira. Se non queredes desprendervos de ningún exemplar da vosa colección persoal tamén poderedes adquirir libros pola simbólica cantidade de 1 EURO.

A recadación será destinada a adquisición de materiais novos para a nosa biblioteca. Aquí tedes o cartaz cos detalles da convocatoria.

Powered by Drupal - Design by artinet