MURAL DO CÓMIC REMATADO!!

Xa que inauguramos novo curso, queremos aproveitar a ocasión para invitarvos  a disfrutar da nova zona de lectura creada a carón da Aula de Audiovisuais e a deleitarvos na contemplación do fantástico mural de personaxes de banda deseñada que levou a cabo o Departamento de Plástica coa colaboración de alumnado do IES.

Como veredes nas fotografías foi un longo e arduo proceso que se iniciou en setembro de 2010 e que rematou en xullo de 2012.  Esta decoración  foi acompañado pola colocación de 4 novas butacas, unha mesiña reciclada e expositores de prensa destinados a que todos podades ler comodamente o xornal, unha revista  ou o voso libro favorito . 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE FAGADES UN BO USO DESTE RECUNCHO DE LECTURA !!


Powered by Drupal - Design by artinet