HOMENAXE A FRANCISCO AÑÓN

Estamos de celebración!

Xustamente hoxe, 9 de outubro de 2012, cúmplese o bicentenario do nacemento do poeta que dá nome ó noso centro e que é considerado un dos precursores do Rexurdimento: FRANCISCO AÑÓN PAZ.

Sumándonos ós actos conmemorativos que están a ter lugar no concello de Outes, desprazámonos á Casa da Cultura para asistir a un recital poético-musical no que Brais fixo de fantástico mestre de cerimonias e no que, ademais da rapazada do IES, contamos coa participación do Club de Lectura de San Lourenzo, alumnado do CP Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo e as corais do Freixo e da Serra de Outes dirixidas pola experta man de Domingo Barreiro, ex-profesor de música no noso instituto.

Grazas a todos eles por achegarnos á figura e á poesía do escritor de Boel.

 

Powered by Drupal - Design by artinet