I SEMANA CULTURAL do IES: Encontro con XOSÉ NEIRA VILAS e con MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xa estamos metidos de cheo na celebración da I Semana Cultural, coincidindo coa conmemoración das Letras Galegas.

Onte acudimos á Casa da Cultura de Outes para escoitar a voz de XOSÉ NEIRA VILAS e para celebrar con el o 50ª aniversario de MEMORIAS DUN NENO LABREGO. O escritor de Vila de Cruces falou para o alumnado dos dous colexios do concello, do instituto e tamén para os usuarios do CRD de Valadares, e respondeu ás súas preguntas lembrándolles que para escribir "DÉBESE DE LER MOITO E LER BEN".

NEIRA VILAS co alumnado do IES POETA AÑÓN

Neira Vilas, sempre cercano ó público máis novo, rematou este encontro coa mocidade de Outes asinando ducias de exemplares dos seus libros. Podedes ver algunhas imaxes do evento neste enlace.

Powered by Drupal - Design by artinet